A figura do Marqués de Sade segue xerando intensos debates no ámbito académico, literario e filosófico. Aínda que durante moito tempo foi relegado ao ámbito da obscenidade, a súa obra foi revalorizada como unha crítica lúcida e devastadora das contradicións do pensamento ilustrado.
A publicación póstuma dos seus manuscritos, a análise filosófica das súas ideas e a súa inclusión no canon literario moderno convertérono nun autor fundamental para entender as tensións entre liberdade, desexo e moralidade.
O Pantocrátor aparece definido como a representación do salvador sentado, bendicindo e coa testa encadrada nunha curva pechada en círculo (nimbo). É a representación de Dios propia da arte Bizantino e posteriormente, en pleno medievo, da arte románico.
A manipulación da información converteuse nunha arte para Goebbels. Controlar os medios permitiu ao réxime transmitir mensaxes que favorecían a súa ideoloxía. Ademais, utilizou o medo como ferramenta para silenciar disidencias, fortalecendo así o control social.
Maruja Mallo dincalculable, exótica, fecunda de biografía e de misterio, colaborou na reivindicación dunha modernidade feminista que entón non se dicía feminista, pero tiña os ingredientes exactos. Fixo a súa arte tan libre como a súa vida, despregando unha creación entre a experimentación formal e o compromiso co seu tempo.
Curros é, sen dúbida, unha das figuras máis destacadas da emigración galega. É sen dúbida, unha das voces fundamentais da literatura galega, considerado, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, unha figura crave do Rexurdimento galego.
O Muro de Adriano é unha das maiores obras da enxeñería militar romana. Cunha lonxitude de cento dezaoito quilómetros, estendíase ao ancho da illa de Britania, desde o mar de Irlanda ata o mar do Norte, próximo ao límite fronteirizo entre Inglaterra e Escocia.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.