Próximas as datas dos máis afamados sorteos da Lotaría Nacional, consideramos interesante indagar nas orixes deste tipo de xogo do azar. O rei Carlos III promulgou o 30 de setembro de 1763 un Decreto no que declaraba o seu firme propósito de controlar a práctica dos xogos de azar en España: “Prohibo que as persoas…
A asociación de animais, considerados como sacros, cos deuses que conformaron as diferentes culturas ao longo da historia da humanidade, é algo longamente repetido. Con esta entrada facemos un pequeno resumo deste feito, así como unha relación, non con carácter exhaustivo, senón meramente ilustrativo dalgúns dos animais que, con máis asiduidade, foron considerados sagrados. Os…
Non cabe dúbida que a Idade Media, foi un tempo de máximo esplendor da Igrexa católica, á vez que tiña unha forte influencia en todas as ordes da vida na época medieval. Diversas circunstancias explican esta extraordinaria influencia do clero na Idade Media, e as profundas pegadas culturais e relixiosas que deixaron en Europa e…
Se pensamos nos druídas, á maioría de nós o primeiro nome que lembramos é o de Panoramix, o druída que aparece nas historias da serie de cómic Astérix. Un personaxe que resulta atractivo pola súa sabedoría e habilidades. Pero a historia cóntanos que os auténticos druídas da época pouco parecíanse a el. En primeiro lugar…
No marco da serie dedicada ás lendas galegas, e tras as nosas publicacións dedicadas ao Panteón de deuses galegos, o Samaín e as Pedras e rocas na mitoloxía galega, hoxe centrarémonos en San André de Teixido. Témonos que situar en Cedeira, na costa setentrional de Galicia, onde hai unha pequena ermida consagrada a Santo André…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.