Sobre o mundo castrexo, xa vos contamos algunhas cousas en dúas entradas anteriores: “Os castreños en Galicia” y “O Castro de Viladonga”.
Con esta nova entrada queremos centrarnos no Castro de Elviña, un xacemento que se atopa na parroquia de San Vicente de Elviña, nun montículo sobre o vals de Feáns, Mesoiro e Elviña, moi preto de campus universitario da cidade da Coruña, no alto do monte da Zapateira. É unha área de suave relevo que aínda conserva as trazas do que foi a paisaxe tradicional de montículos, vaguadas, vexetación, camiños, cultivos e arquitectura. Desde a súa cima contémplase unha amplísima vista dos seus arredores e da cidade da Coruña.
O recinto habitado, delimitado por murallas, excede das 4 hectáreas e o seu contorno de proxección alcanza as 13 hectáreas.
Trátase, como é habitual neste tipo de recintos, dun asentamento fortificado, en altura, típico da cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica. O conxunto monumental consta de tres recintos concéntricos fortemente amurallados, cunha entrada monumental en costa flanqueada por grandes torres e que ocupa preto de catro hectáreas de extensión, e nos que as escavacións arqueolóxicas (por certo, as últimas con grandes polémicas) están a sacar á luz as diferentes construcións que se poden observar na visita. O Castro presenta polo menos dous niveis de ocupación, un prerromano e outro de plena época romana.
O castro de Elviña está delimitado por murallas e o espazo habitado excede as 4 hectáreas, sendo un dos máis grandes da Galicia setentrional.
Na escavación arqueolóxica de 1947 apareceu a primeira peza de ouro, un fragmento, que anunciaba o achado, anos máis tarde, do conxunto de diadema-cinto, gargantilla e coar coñecido como “Tesouro de Elviña”, que, xunto con outros materiais, son estudados e expostos no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, na cidade da Coruña.
Para dotarlle de maior grao de protección e relevancia, o Castro de Elviña foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) (desde 1962 Monumento Histórico Artístico).
Para todos aqueles interesados en coñecelo, informámosvos que o recinto está aberto ao público cun programa de visitas guiadas ao Castro nos meses de xullo, agosto e setembro, e con máis restricións de días e horarios, o resto do ano. É un servizo gratuíto e sen inscrición previa. Un monitor recibe os visitantes e acompáñaos na visita explicando o depósito protohistórico.
Para chegar desde A Coruña podedes facelo:
- Desde a Avenida Alfonso Molina accédese ao Campus Universitario da A Zapateira.
- Bus Urbano. Línea Especial Universidade parada Intercampus Castro.
Para os interesados en ampliar información aconsellámosvos visitar a web monográfica sobre o Castro de Elviña, do Concello da Coruña: http://www.coruna.gal/castroelvina/es
E para os que desexen profundar máis, podedes facelo con este vídeo divulgativo, protagonizado por José María Bello, ex Director do Museo Arqueolóxico e Responsable de diferentes campañas de escavacións no Castro: https://www.youtube.com/watch?v=fDgokqStnqs
E tamén consultar un traballo moi interesante publicado polo mesmo José María Bello:www.man.es/man/dms/man/estudio/publicaciones/boletin-man/MAN-Bol-2018/2018-BolMAN-37-08-Bello.pdf