Os suevos en Galicia

O reino suevo de Galicia foi moi pouco estudado e referenciado ao longo destes anos de revisionismo historiográfico de hoxe en día. É necesario un estudo máis profundo, non só das fontes escritas, tamén das arqueolóxicas, para poder aclarar moitos aspectos que hoxe seguen na sombra. Unha sociedade como a sueva, capaz de dominar sobre tan amplos territorios, ben merece un lugar destacado da Historia española.