O cemiterio coruñés de San Amaro

Sen dúbida, aínda que non resulte a priori o máis atractivo dos lugares, un cemiterio acumula moita historia. Por iso, decidimos contarvos algo sobre un dos cemiterios máis importantes de Galicia, o cemiterio coruñés de San Amaro. Por se isto fose pouco, National Geographic incluíu a este camposanto como un dos máis bonitos do planeta,…

María Pita, unha heroína de lenda

A historia de María Pita mostra como, nos momentos máis escuros, o valor individual pode acender a faísca da esperanza. Ela non era raíña nin militar, senón unha muller do pobo, pero soubo transformar a súa dor nun xesto que inspirou a toda unha cidade.

Máis de catro séculos despois, o seu berro aínda emociona porque nos lembra algo sinxelo: a verdadeira grandeza a miúdo xorde da xente común. E poucas veces unha persoa tan inesperada humillou de maneira tan contundente a unha das frotas máis temidas da historia.

José Sellier, coruñés, pioneiro cineasta

Na nosa liña de repasar dedicada a vida e historia de personaxes que deixaron pegada, hoxe aproximámonos a José Sellier, un home moi vinculado ao mundo cinematográfico, e coñecido por ser o autor da primeira película española da historia, filmación datada en 1897. Ademais, a súa vinculación á nosa cidade, A Coruña, é un aliciente…