O castro de Armeá, na comarca de Allariz-Maceda
Foi no seu día unha cidade castrexa con dúas zonas limitadas: unha, a zona máis alta na cima, composta polo poboado Castrexo Galaico, e outra, as terrazas do noroeste, formadas por un armazón urbano con rúas pavimentadas, redes de saneamento, canles de evacuación de augas pluviais, casas circulares compostas por dous pisos de altura, atrios porticados e obras de cantería.


