Un ano máis, e van… tivemos a fortuna de poder asistir á nova edición dunha das mellores festas de temática histórica que se celebran en todo o país. Estamos falando de Arde Lucus, un evento que dá acubillo a un inxente número de actividades, durante boa parte do ano: degustacións, exposicións, conferencias, talleres, teatro,…e o evento multitudinario,que este ano tivo lugar entre os días 13 e 16 de xuño.
As rúas da cidade de Lugo víronse desbordadas por moitísimos visitantes (aínda que nos deu a impresión que en menor número que noutras edicións). O abanico de actividades é tal que non queda outro remedio que renunciar a moitas das propostas. No entanto, todas teñen un nivel moi alto de organización, presentación e desenvolvemento. A maioría dos visitantes fano moi ben caracterizados, podendo observan elementos de gran fidelidade histórica, tanto nas roupas e calzado, como nos diferentes obxetos, armas, peiteados, xoias,…
Atopar aloxamento a bo prezo, segue sendo moi difícil, pese a iso, o esforzo económico merece a pena, pois a axenda de actividades é tan grande, que fai falta conxugar festa e descanso.
bles, sigue siendo muy difícil, pese a ello, el esfuerzo económico merece la pena, pues la agenda de actividades es tan grande, que hace falta conjugar fiesta y descanso.
Nesta ocasión, creemos que como novidade, polo menos nós non temos constancia de que se realizou en edicións anteriores, puidemos ver no antigo edificio da prisión moi ben recuperado) ademais dunhas funcións de teatro, unha exposición sobre a historia de Arde Lucus, que nos conta, de xeito gráfica e textos o percorrido desta magnífica festa desde o seu nacemento ata a actualidade.
Tivemos a oportunidade de seguir ampliando coñecementos sobre o mundo romano e o coetáneo local, mercé ás recreacións, charlas e explicacións dos membros das diferentes asociacións que participan en Arde Lucus. Sen dúbida, unha das claves do enorme éxito desta festa.
O desfile dos colexios (impresionante polo seu equipamento e dimensión), os paseos de patrúllalas romanas, os poboados romanos e castrexos, os numerosos postos de artesáns e gastronomía, o circo romano, a música, as representacións, os grupos de animación,?… Basta con botar unha ollada ao programa de actividades para ver a magnificencia de Arde Lucus.
Por non ser repetitivos, si queredes máis información sobre a historia de Lugo, remitímosvos á nosa crónica da edición 2018.
A todos os nosos lectores que non coñezan esta festa, recomendámoslla de verdade.