Tras un ano de obrigada (e necesaria) ausencia, volve o maior dos eventos de recreación histórica que se celebra enterras galegas, e que conta, desde o ano 2001, co recoñecemento como Festa de Interese Turístico Galego e como Festa de Interese Turístico Nacional desde o ano 2017.
Arde Lucus, cuxa primeira edición tivo lugar no ano 2002, é un gran acontecemento que anualmente organiza o Concello da cidade de Lugo para rememorar a fundación da cidade, recreando o seu pasado romano e castrexo.
Exemplo e modelo de organización, aínda que este ano, por razóns obvias, terá unha programación de actos máis reducida, é un acontecemento que acolle diferentes iniciativas no ámbito lúdico, histórico e cultural.
O marabilloso marco que supón a estrutura urbana da cidade coa súa impresionante muralla, Patrimonio da Humanidade desde o ano 2000, transfórmase cada ano.
Deixámosvos a ligazón ao vídeo promocional da edición 2021 de Arde Lucus:
Video Promocional ARDE LUCUS 2021 Streaming _FESTIGALEIROS – Bing video
Tamén xa se fixo público o deseño do cartel para esta edición:
Para ver a programación de actos para esta edición, podedes consultar a nosa publicación:
Arde Lvcvs 2021 – Recreación de la historia (recreacionhistoria.com)
Máis información en ardelucus.com