Un ano máis, e atopámonos coa X edición, a Asociación Romana do Bierzo organizou a festa Ludus Bergidum Flavium na localidade leonesa de Cacabelos, que tivo lugar entre os días 2 e 4 de agosto de 2019.
O obxectivo deste evento é divulgar o patrimonio histórico e a cultura astur-romana de Bergidum, o actual pobo de Cacabelos, e para iso recrea nesta festa os costumes e usos da vida romana nos primeiros séculos de nosa era, tanto desde o punto de vista familiar como desde o militar.
Cacabelos ten a súa orixe no castro Ventosa, que aparece reverenciado na literatura romana como Bergidum Flavium. Lugares con historia visita un dos municipios leoneses nos que se aínda se fala galego.
Bergidum foi o centro administrativo dos numerosos xacementos auríferos que os romanos explotaron na comarca do Bierzo, que tivo o seu máximo esplendor nas Medulas, obras de enxeñaría que está considerada Patrimonio da Humanidade.
Os datos máis antigos que se coñecen sobre o poboamento de Cacabelos remóntanse ao Paleolítico. Os restos arqueolóxicos achados máis importantes remóntanse á Idade do Bronce e á Segunda Idade do Hierro.
A vila, que foi reconstruída no século XIII a beiras do río Cúa, e á que o viaxeiro pode entrar pola rúa dos Peregrinos, desempeñou un papel crave (co mosteiro de Carracedo) na ruta xacobea, e estivo ligada á mitra compostelá até finais do século XIX.
Cacabelos foi escenario dunha importante batalla da Guerra da Independencia. Nos primeiros días de xaneiro de 1809 enfrontáronse ingleses e franceses na ponte Maior da localidade leonesa.
En canto á edición 2019 deste evento de recreación histórica, hai que resaltar que a inauguración oficial do evento realizouse o venres día 2 ás 20:00 horas na praia fluvial de Cacabelos, onde se instalou o campamento romano. Alí serviuse un viño con petiscos para inaugurar os actos do fin de semana. Este primeiro día incluíu adestramentos para gladiadores, lecturas, desfiles en honra aos deuses e bailes, entre outras actividades.
Unha novidade supúxoa a representación da obra de teatro “A conspiración da Subura” na Praza Maior. A trama consistía en: un lexionario foi asasinado o barrio da Subura, e as acusadas foron: A Suprema Vestal Ocia e a súa protexida Syria; todo parecía estar orquestrado e a sentenza, da man de falsas testemuñas e o Fiscal Testa estaba clara: Culpables! As vestais de Lépido son as asasinas. A partir desta trama, grandes e pequenos puideron gozar coa escenificación teatral centrada no convuso século I a.C.
O sábado día 3 as lexións da Ludus Bergidum Flavium tomaron Cacabelos e desfilaron polas rúas do municipio deixando un ronsel de historia ao seu paso. Tamén houbo mercados e talleres de artesanía, desfiles romanos, circo romano (pan e circo), bailes e espectáculos varios. A xornada concluíu coa imposición de coroas cívicas ás personalidades destacadas do ano de parte do Senador Constatino.
Finalmente, o domingo, día 4, celebráronse as ”miniolimpiadas” na praza de San Roque, loita grecorromana, taller de artesanía, “minigladiadores”, comida romana, teatro (unha nova representación de “A conspiración da Subira”), olimpíadas, e torneo de gladiadores.
O programa cultural completouse con completan distintas exposicións e charlas na biblioteca municipal de Cacabelos..