Volve con forza uno dos grandes eventos de recreación histórica que teñen lugar en Galicia, Arde Lvcvs, a mellor oportunidade para gozar dunha viaxe á Roma Imperial, en terras da cidade máis antiga de Galicia, Lugo.
Un ambicioso e completísimo programa de actividades servirá de vehículo para revivir o pasado romano e castrexo nestas terras.
Aínda que xa vén celebrándose desde o pasado mes de Abril un bo número de actividades en marcadas no chamado “Arde Lvcvs Cultural”, as actividades principais terán lugar os días, 10, 11 e 12 de xuño, conformando o que será a XXI edición.
O programa de actividades para os días centrais terá máis de 400 actividades
Arde Lvcvs arrinca oficialmente co acto de aceso do lume sacro de Vesta e a entrada das lexións para tomar a cidade.
Entre as actividades principais, de enorme interese todas elas, cabería destacar o circo romano, a carreira nocturna do Mvrvs Lvcis, o encontro de tropas romanas e castrexas, as vodas celtas, desfiles, o concerto das Tanxugueiras,…
Entre as novidades desta edición, destaca un espectáculo de realidade aumentada en 5D na Mosqueira, co que se recreará en tempo real a época de apoxeo de Lugo no século I. Neste espectáculo, os espectadores poderán vivir unha experiencia de realidade aumentada inmersiva na que se recreará a muralla romana na súa altura orixinal, cos romanos paseando polo adarve.
Aqui podedes ver o vídeo promocional: Video Arde Lucus 2022
Programa Arde Lvcvs 2022
Programa diario
Programa por temáticas
Campamentos
Plano
O Arde Lvcvs Cultural
Da man de diferentes asociacións e durante os meses de abril e maio viñéronse celebrando un ciclo de conferencias, cinema, rutas, obradoiros teatro e xornadas gastronómicas coas que facer unha viaxe ao pasado para coñecer de primeira man os hábitos, costumes e consumos daquelas xentes.
Así atopamos o “Ars Magirica”, actividade que ten como finalidade degustar tapas gastronómicas inspiradas nos sabores típicos do mundo romano.
Coa dirección de Caetra Lucensium e a colaboración dos Bombeiros do Concello de Lugo levan a cabo demostracións de como funcionaba unha bomba hidráulica de Cetsibio – Heron.
Un taller de realización de escudos, dirixido por Lvcvs Icenas Miliatore. Lvcvs Equites guía aos asistentes pola vía XIX. As Asemblearias ofrecen a oportunidade de buscar as ofrendas de Lvcvs Augusti. Kertix realiza unha mostra dos pequenos teares romanos . Terra Corpora realiza obradoiros de ourivaría castrexa.
Senatus Lvcvs Augusti imparte charlas sobre o “Senado, ou Arde Lvcvs e a historia de Lugo”; Pax Romana imparte xornadas de debuxo con xiz sobre o chan. Salesiani Luci Augusti móstranos a construción dun mosaico con teselas de barro, así como a fabricación dunha cota de malla e a elaboración de coroas. Vestales Lvcvs Augusti realiza estampacións en téxtil.
A Ponche Romana acolle a recreación histórica da vida cotiá dunha sociedade castrexa da Idade do Hierro, da man de Tir Na N’Og.
Ademais, na primeira quincena do mes de xuño pódese gozar dunha exposición dos carteis de Arde Lvcvs, desde o ano 2001 até a actualidade, así como actividades singulares: obradoiro de reloxos e de estampación.
No ámbito do cinema, atopamos un ciclo de cinema arqueolóxico e o auditorio do Cárcere vello.
Xogos de lanzamentos de birlos e outras actividades máis completan o ambicioso programa do Arde Lvcvs Cultural.
Lugo
E por se chegades por primeira vez a estas terras, deixámosvos algúns datos sobre a súa historia en tempos da Roma Imperial:
Catorce anos antes de nosa era, o legado Paulo Fabio Máximo fundou en nome do Emperador de Roma a cidade de Lvcvs Avgvsti, nun lugar alto próximo ao Miño, o maior río de Galicia. Esta sería a capital do Convento Xurídico Lucense, é dicir, o noroeste dunha gran Gallaecia que se estendía polo sur até o río Douro. As minas de ouro de Gallaecia foron unha base moi importante da economía imperial, e Lvcvs Avgvsti chegaría a ser unha importante cidade provincial. Tres séculos despois, a estrutura urbana da cidade modificouse e desprazouse lixeiramente, aínda que coincidindo na maior parte coa planta anterior.
Eran tempos críticos desde o punto de vista político e militar. Levantáronse novas defensas: unha muralla de máis de dous quilómetros de perímetro, coroada por 85 poderosas torres. Ao caer o Imperio, a Gallaecia romana foi a base territorial da monarquía sueva, o primeiro reino que se organizou sobre as ruínas imperiais europeas. Lugo era xa entón unha importante sede episcopal, que -segundo algúns-, chegaría a compartir a condición de metropolitana coa de Braga. Parece que a principios do século VIII os musulmáns chegaron a apropiarse de Lugo, pero pronto volveron ao sur.
Se ides asistir, parabén é unha moi boa decisión. Se o estades dubidando, animarvos pois teredes a oportunidade de vivir un evento único, grandioso, divertido,… E se non podedes acudir, quedarvos na memoria con este ano, e tentádeo o próximo.