Chega unha nova edición de Ludus Bergidum Flavium, organizada pola Asociación Romana do Bierzo. A través deste evento, na localidade leonesa de Cacabelos recréanse os costumes e usos da vida romana nos primeiros séculos de nosa era, tanto desde o punto de vista familiar como desde o militar.
Previo á inauguración, o programa inclúe unha obra de teatro e unha cea romana o sábado 27 de xullo, así como unhas olimpíadas romanas o domingo 28.
A inauguración oficial do evento será o venres día 2 de agosto, ás 20:00 horas na praia fluvial de Cacabelos, onde se situará o propio campamento romano. Alí servirase un viño con petiscos para dar comezo aos actos do fin de semana. O primeiro día incluirá adestramentos para gladiadores, lecturas, desfiles en honra aos deuses e bailes, entre outras actividades.
O sábado día 3 haberá mercado e talleres de artesanía, desfiles romanos, circo romano, bailes e espectáculos varios. A xornada concluirá coa imposición de coroas cívicas ás personalidades destacadas do ano de parte do Senador Constantino.
Finalmente, o domingo día 4 haberá “miniolimpiadas”, loita grecorromana, taller de artesanía, “minigladiadores”, comida romana, teatro, olimpíadas, e torneo de gladiadores. Ademais, o domingo pola tarde procederase ao sorteo dos premios resultantes da Rolda de Bergidum polos bares de Cacabelos.
Nesta web http://www.ludusbergidumflavium.es/ podedes atopar máis información.
E tamén, hai algunhas cousas mai na nosa crónica da edición 2018.
E, para rematar, aquí tedes o programa de actividades da edición 2019.
aviu