Unha das festas que cada vez vai collendo máis auxe no panorama de eventos de recreación histórica en Galicia, é sen dúbida “Vicus Spacorum”, que se celebra anualmente na cidade de Vigo. Concretamente, no ano 2018, e durante os días 15 e 16 de setiembre, celtas e romanos tomaron por sétimo ano o Parque do PAU de Navia cun programa de actividades destinado para todos os públicos. Trátase dun evento que anualmente convoca a máis de 40.000 participantes.
En primeiro lugar cabo recordar que Vicus Spacorum foi unha antiga cidade romana, situada no casco histórico da actual cidade de Vigo (Pontevedra). A súa orixe remóntase á época prerromana, dentro da cultura galaica, xa que no Parque do castro da cidade viguesa existe un castro galaico-romano, con casas circulares. Cando o emperador Augusto incorporou ao Imperio romano o noroeste de Hispania, durante as guerras cántabras de 27 a. C. a 19 a. C., o poboado galaico foi transformado en cidade estipendiaria, adscrito ata 15 a. C. á provincia Lusitania, e desde esa data á provincia Hispania Citerior Tarraconensis. Ademais, entre Augusto e Claudio I foi incluída no conventus iuridicus Lucensis. Logo de 74, beneficiouse da concesión para todas as comunidades hispanas do ius latii minor por Vespasiano, transformándose cara a finais do século I en municipium. A partir desa época, produciuse o desenvolvemento dunha cidade romana, na que aparecen inscripciones, moedas romanas, cerámica romana e de tradición castreña, e unha importante fábrica de salgaduras, para a produción da salsa garum. O seu desenvolvemento viuse favorecido pola construción da vía que comunicaba Bracara Augusta (Braga, Portugal), con Lucus Augusti (Lugo) pola costa, converténdose nunha das súas mansións tal e como recollen o Itinerario de Antonino e o Anónimo de Rávena. Ao final da Antigüidade, sufriu os embates dos piratas sajones e francos, e, a partir de 409, foi incorporada ao novo reino dos suevos.
No terreo da recreación histórica, destacou a presenza de catro asociacións procedentes de Arde Lucus. Dous chegaron en clave romana e dúas en clave celta.
Entre o gran número de actividades programadas hai que destacar as mostras de combate de época, a reprodución de vodas celtas, diversos talleres e diferentes propostas de xogos. Tamén se representou un asalto ás tropas pretorianas por parte das tribos galaicas. A representación de enlaces matrimoniales romanos, loitas de gladiadores ou xogos celtas música, exhibicións de cetrería, exposicións, bandas de gaitas, maxia romana, desfiles das legiones romanas e a ampla oferta gastronómica, foron outros dos pratos importantes organizados para que poidan gozar as familias. Para rematar non queremos esquecer as propostas que facían cos seus produtos os artesanos presentes na festa.
Un evento ao que aínda que aínda nós non puidemos asistir personalmente, confiamos en poder facelo na próxima edición, xa que nos parece moi interesante.