Coa chegada do mes de Agosto, faio tamén una das máis singulares festas que teñen lugar en terras galegas. Estou a referirme á Romaría Viquinga que cada ano se celebra na localidade de Catoira, e que este ano chega á edición número LIX.
O primeiro domingo do mes, neste caso o día 4, miles de persoas acoden a esta localidade para participar nesta interesante festa.
A festa comeza sobre as 10 da mañá, coa actuación de grupos folclóricos polas rúas de Catoira e no lugar de celebración, as Torres do Oeste. Trátase dun conxunto fortificado do século IX (un dos legados arqueolóxicos e históricos máis importantes de Galicia que durante séculos resistiu o ataque de exércitos) que conserva restos de dúas torres e unha ermida dedicada ao Apóstolo Santiago. Neste sitio instálase un mercadillo medieval e, ao mediodía, obséquiase aos romeus con mexillóns e viño do Ulla. Máis tarde, chega o prato forte dos festexos: o desembarco. A bordo da réplica dun barco viquingo do século XI chegan os invasores do norte á costa co obxectivo de tomar as Torres do Oeste. Os habitantes da vila tentan resistir e é entón cando se produce unha batalla simulada, onde os participantes acaban completamente empapados de viño. Tras a loita, todos gozan dunha comida campestre de confraternización, amenizada co son das típicas gaitas e con produtos da terra como polbo, sardiñas asadas, empanadas… A diversión continúa até pola noite, coa verbena popular que se organiza e complétase con outras actividades como un pregón literario ou a escenificación dunha obra de teatro.
Mais información en Odín Árvica.
Tamén podedes saber algo máis consultando a nosa crónica da edición 2018.