Ave queridos lectores!!
Chega unha das grandes festas sobre romanos e pobos locais, estámonos referindo a Astures e Romanos, o excelente evento de recreación histórica, que desde fai anos vénse celebrando na localidade leonesa de Astorga.
A monumentalidade da vila, é un magnífico escenario para os excelentes campamentos e actividades que se programan durante os días de celebración, que na edición 2019, serán os comprendidos entre os días 25 e 28 de xullo.
Motísimos visitantes ataviados ao modo romano ou astur, desfiles, animación nas rúas, música, artesáns, teatralización, actividades para os máis pequenos, ata un circo romano, son algunhas das propostas máis atractivas desta interesante festa.
Podedes ampliar información conectando coa web da organización do evento: asturesyromanos.com, e, si queredes, ver a nosa crónica da edición do ano 2018.
Para simplificar o acceso, deixámosvos un enlace directo co programa de actividades 2019.
Ah, e como a mellor maneira de vivir a historia é mergullarse nela, non hai nada como caracterizarse e vestirse ao uso medieval. En Astorga estará a nosa amiga Guadalupe, de trajemedieval.com, quen terá un lugar de punto de venda de preciosos traxes e complementos. Podédela atopar en Alonso y Gavela, praza de España, 9. Animarvos!!
Estamos allí con nuestro vestuario!¡