A nova edición da Feira Franca de Betanzos, na súa XXII edición, terá lugar entre os días 12 e 14 xullo de 2019. Para todos os interesados en asistir á mesma, aquí tedes un enlace co programa de actividades.
O dibuxante Luis Galán lembra, no cartel da festa, a importancia desta festa no ano 2019, xa que a cidade cumpre 800 anos. Así, o rei Alfonso IX protagoniza o cartel, asinando o traslado da cidade de Tiobre a súa ubicación actual.
Ao redor de 1340 outorgóuselle a Betanzos un privilexio real para a celebración dunha feira franca anual durante o mes de Novembro, que permitiría potenciar a actividade económica da emerxente clase burguesa.
Aqueles mercados recréanse agora coa denominada Feira Franca Medieval, declarada de interese turístico en decembro do 2013. Numerosos postos, tanto gastronómicos como de artesáns enchen de vida as rúas desta fermosa localidade coruñesa. Pasear nestes días pola praza de García Naveira e as rúas próximas supón unha viaxe imaxinaria ao pasado. Brasóns, estandartes, bandeirolas, bufonadas, danzas gremiais ou torneos medievais acompañan ao visitante nesta importante cita. Tampouco faltan os músicos, os malabaristas e os trobadores que coz súa roupa e as súas artes enriquecen as rúas brigantinas.
Por outra banda, o atractivo desta feira reside tamén na recreación de episodios históricos ocorridos en Betanzos durante o medievo, como o incendio producido na cidade no ano 1.569, ou o apresamento e expulsión dos leprosos da localidade:
- A batalla das Figueiras: a pesar de non corresponder á época en cuestión é moi importante porque representou unha das primeiras actuacións en Galicia da Reconquista. Tivo lugar a mediados do século VIII e representa a negativa dos nobres e dos plebeos a entregar ás tropas do rei musulmán Mauregato as cen doncelas que este requiría cada ano. A negativa desembocou nunha cruenta batalla na que venceron os betanceiros empregando como armas incluso pólas de figueira, de aí que esta sexa coñecida como a Batalla das Figueiras.
- As carreiras de bocois: Dentro da recreación do incendio da cidade no ano 1569, conta a historia que nese incendio as familias betanceiras trataban desesperadamente de salvar os seus trastes das lapas. Un dos bens mais aprezados na época eran os bocois de viño, polo custo que tiñan e a laboriosidade que requiría a súa fabricación.
- Escena do séquito: A Feira Franca Medieval de Betanzos comenza de xeito oficial representando a chegada do Señor de Andrade á cidade. Nesta escena faise referencia á concesión no ano 1465, por parte do rei Enrique IV de Trastámara a Betanzos, do título oficial de cidade e á concesión no ano 1467 do privilexio de poder realizar unha Feira Franca cada ano no mes de novembro.
- A expulsión dos leprosos: recrea a peste a as doenzas que asolaron a cidade no ano 1381.
- A revolta irmandiña: trata de representar como os habitantes de Betanzos e a súa comarca (tanto nobres coma plebeos) se rebelan contra o señor feudal da época, Nuno Freire de Andrade “O Malo”, pola excesiva dureza coa que este trataba aos seus vasalos.
En este enlace podedes ver o Programa-Feira-Medieval-Betanzos-2019.
Si queredes saber algo mais sobre Betanzos e a Feria, podedes consultar a nosa entrada da crónica 2018.