Achégase unha das grandes citas para os afeccionados aos eventos de recreación histórica. A nova edición da Feira Franca de Pontevedra, que fai a número XX, terá lugar entre os días 6 e 7 de setembro.
Esta Feira é unha cita en pleno século XV, no que os visitantes poderán facer unha inmersión no medievo, tendo en conta que o vive así toda a capital do Lérez.
Neste evento a oportunidade de percorrer a monumentalidade e cada vez máis fermosa cidade de Pontevedra, gozar das ofertas de artesáns e postos de gastronomía e dun amplo programa de animación, pretendendo así lembrar o privilexio concedido polo rei Henrique IV, no ano 1467, polo cal se autorizaba á cidade a que organizase anualmente, e durante un mes, un mercado libre de impostos.
Podedes ampliar información na magnífica web: http://feirafranca.pontevedra.gal/