Entre os días 24 e 29 de xullo de 2018, tivo lugar a “XXIV Feira das Marabillas”,o Mercado medieval que anualmente vénse celebrando na cidade da Coruña.
Na fermosa contorna da Cidade Vella, na Praza de María Pita e nos arredores do Parrote céntranse os máis de 200 postos de artesanos que recrean a vida comercial no Medievo. Aínda que hai cabida para todo tipo de produtos e materiais, a maioría con directa relación coa temática deste acontecemento, o certo é que tamén hai postos que creemos desmerecen o conxunto ben por tratarse de productos de pouca calidade, ben por tratarse de productos contemporáneos e anacrónicos.
Os bares e establecementos en xeral, intentan mimetizarse a través de elementos decorativos, e nalgúns casos coas vestimenta, cuestión esta que si respectan a totalidade de artesanos. Lamentablemente os únicos asistentes que se caracterizan ao uso medieval, son os participantes na “cea medieval”. Asignatura pendente desta Feira, xa consolidada, que parece estar algo estancada en canto á súa organización e actividades, pese a que co enorme potencial que a cidade e a súa área de influencia, así como coa experiencia adquirida, sen dúbida poderíase potenciar en maior medida.
Por poder de convocatoria destacan os postos gastronómicos, sempre ao límite da súa capacidade e aforo.
En todo caso, pasear polas empedradas rúas da Cidade Vella, visitando, e no seu caso adquirido produtos nos postos do Mercado, aos pés da Colegiata de Santa María, a Igrexa de Santiago, por citar algúns dos seus fermosos elementos patrimoniales, constitúe un marco majestuoso e acogedor. Feito que se referenda cos máis de 150.000 visitantes que se estima acudiron na edición 2018.
Unha atractiva ambientación e un bo número de interesantes actividades para todas as idades, fan totalmente recomendable visitar esta Feira, sobre a que en posteriores entradas iremos ampliando información.