A XXV edición da Feira das Marabillas, celebrada na Coruña entre os días 23 e 28 de xullo, foi, na nosa opinión, unha das mellores.
Un gran número de postos de artesáns e gastronomía, que segundo a organización foron máis de 200, dos cales a maioría tiñan coherencia coa recreación que o evento evoca, unha mellora substancial no programa de animación, e un mellor aproveitamento, dedicándoo aos máis pequenos, do espazo da praza de María Pita.
Coa complicidade do tempo, houbo moitísima asistencia a práctica totalidade dos días, resultando en moitas ocasións, case imposible circular, e moito menos esculcar ou comprar nos postos dos artesáns. As preciosas rúas da cidade vella, unha contorna amigable, laberíntico para os que non a coñezan, e a maxestosidade das súas prazas de Azcárraga ou as Bárbaras, así como a igrexa de Santiago e a Colexiata de Santa María, son elementos que por si mesmos dan moita forza a este evento.
En total foron 6 días, que deberon acoller a máis de 150.000 visitantes que sen dúbida gozaron de momentos inesquecibles.
Tamén quixésemos achegar tres reflexiones. A primeira a distribución de espazos, aínda que entendemos que hai cuestións de fondo económico que xustifican ditas decisións, talvez puidese estudarse liberar as prazas de Azcárraga e as Bárbaras, dos postos gastronómicos, desprazándoos á zona do Parrote. Desta maneira, ditas prazas poderían acoller representacións teatrais, malabares, monicreques, música, danzas,…, deixando ademais máis á vista a beleza das mesmas.
A segunda cuestión ten que ver coa nula iniciativa dos coruñeses e visitantes para ataviarse, caracterizándose ao modo medieval. No tres ocasiones que percorremos, durante varias horas, as rúas e prazas do casco antigo, deixando ao carón os vendedores e algúns camareiros en bares e cafetarías, soamente atopamos a 2 persoas vestidas conforme á época do evento. Unha pena. Daría moito máis cor e vida e sen dúbida resultaría moitísimo máis efectivo o impacto desta feira. Para conseguilo, podería incentivarse desde os colexios, e a través dos centros cívicos, para que nenos e maiores dispoñan de ideas, patróns e suxestións. Ademais, poderían realizarse concursos que recoñezan e premien aos mellor vestidos de maneira individual, familiar e en grupo. Organizar desfiles. Facer photocall. Dar exclusividade de acceso a determinadas actuacións e eventos para as persoas caracterizadas, etc.
E a nosa última suxestión ten que ver coa conveniencia, na nosa opinión, de recuperar e potenciar a cea medieval, que ben podería facerse nunha carpa no Parrote, ou na zona do Reitorado. Tamén a inclusión de manifestacións de música e danza medieval, ben nas igrexas, prazas e/ou rúas.
En todo caso, unha festa con moita tradición e éxito de asistencia, á que lle falta dar ese paso para converterse nun evento tamén de verdadeira recreación histórica, potenciando aspectos culturais e divulgativos.