Na fermosa vila de Muros o visitante sorprenderase gratamente cunha excelente xoia que se erixe no alta da mesma.
A igrexa Parroquial de Muros, antigamente coñecida por Colexiata de Santa María del Campo está construída sobre unha igrexa románica datada no século XII. Hoxe forma parte da igrexa parroquial de San Pedro de Muros.
A igrexa de Santa María del Campo empezou a construírse no século XIII, pero dos seus elementos románicos apenas quedan restos na súa composición actual, xa que cando se lle concede a Muros, por bula papal no ano 1500, por parte do entón Papa, Alejandro VI, o dereito a unha Colexiata, esta sitúase provisionalmente na igrexa de San Pedro, pero inmediatamente iniciáronse as obras para acondicionar a igrexa de Santa María para que estivese á altura da devandita dignidade. O feito de nomeala colexiata dálle o dereito a contar cun prior e dez cóengos e hai que enmarcar este acontecemento co apoio dado polo Arcebispo e pola Coroa (Reyes Católicos) para o recoñecemento da importancia dunha vila que contaba co principal porto do Noroeste peninsular. Esta dignidade de Colexiata manteríase até o ano 1840 en que se convertería en Igrexa Parroquial.
O edificio actual foi mandado construír por Santiago Lope de Mendoza, na primeira metade do século XV tal e como nos informa unha inscrición na porta principal: “Arcibispo Don Lopo (de “Mendoza) a “mandou facer”.
Trátase dunha igrexa dunha única nave rectangular, e que se divide en cinco tramos. A capela maior atópase na cabeceira cunha bóveda de crucería. O teito é de madeira, con cuberta a dúas augas, apoiado sobre arcos apuntados. Como sucedeu con todos os templos, a igrexa tivo sucesivas remodelacións e ampliacións. O visitante puiden identificar facilmente como se abriron sobre arcos que as comunican a modo de naves laterais, e que se concretaron en ampliacións, con varias capelas (o tres capelas ao lado do evanxeo e a do Rosario) entre os séculos XV e XVI. Aínda se observar as antigas luces, hoxe seladas de cando a igrexa tiña unha soa nave central. Aos pés da nave atópase a tribuna sobre tres arcos apuntados, que se apoian aos lados en ménsulas e no centro en columnas encostadas de capiteis e animados. En consecuencia a igrexa que podemos ver na actualidade é froito de varias remodelacións, apreciándose algunhas partes barrocas na torre e no pórtico, do século XVIII, aínda que o estilo predominante é un gótico que non é unha variante local, como puidese pensarse, senón un estilo con personalidade propia e que veu en chamarse gótico mariñeiro.
A nave da igrexa, como diciamos antes, divida en cinco tramos, ten unha gran luz -abertura- e atópase apoiada sobre sobre columnas de fuste curto. Isto crea a sensación de quilla de barco investida tan característica. As columnas inclúen distintos motivos, xeométricos, vexetais ou historiados. Esta forma tan peculiar, é un símbolo que sen dúbida une a relixión cun pobo ligado ao mar.
Entre os capiteis hai que destacar un moi característico, aínda non datado, cunha representación de San Francisco entre lobos.
Na fachada hai unha porta con tímpano liso baixo arco de medio punto, con columnas de capiteis vexetais nas xambas. Encima, un rosetón gótico, con bólas e follas cuadrifolias con aspecto de cabezas de cravo nas arquivoltas. Cobre a porta un soportal sobre alicerces octogonais. Á esquerda da fachada elévase a torre barroca, construída entre 1757 e 1758, por iniciativa do gremio do mar, e que ten unha balaustrada pétrea no corpo das campás. A campá máis grande desta igrexa, que aínda hoxe en día repica no seu campanario, foi un agasallo de Montero Ríos, e fixo a viaxe até aquí nun carro de vacas.
Ademais, na fachada ábrese un pórtico cuberto que cobre a entrada principal, e diante do mesmo esténdese un dilatado e fermosísimo atrio onde na Idade Media reuníase o Concello que gobernaba a vila.
Do templo primitivo consérvase a portada principal de acceso, con arquivoltas semicirculares sobre columnas acobadadas, o rosetón gótico, o tímpano, apoiado en mochetas, algúns canecillos e moitos dos signos lapidarios gremiais gravados nos sillares.
Na decoración dunha das capelas obsérvase, aínda que para iso é necesario que sexa iluminada directamente, unha estrela formada por peixes, sen dúbida unha singularidade artística nun edificio deste tipo.
Entre os elementos que garda no seu interior sen dúbida a estrela, por tratarse dun elemento único, xa que só hai algún outro, moi lixeiramente parecido na Normandía e Bretaña francesa, é a pila para santiguarse, coñecida como a pila da serpe. E a súa excepcionalidade non reside na súa datación, materiais ou técnicas empregados, senón no feito da aparición dunha serpe na mesma. Algo que por se mesmo aparece noutras ocasións, enroscadas no fuste que sostén a pila bautismal, ou modo de cordón no seu contorno exterior, pero neste caso, a serpe aparece no interior.
Hai que lembrar que no mundo pagán a serpe é considerada como dadora de vida, sanadora de enfermidades, portadora da sabedoría; con todo, pola contra, no mundo cristián, é a representación do mal, do demo e do pecado. Nada máis entrar ao templo pola súa porta principal, o visitante queda asombrado, ao atopar na Pila, unha antiga pila bautismal románica, unha serpe enrolada dentro da mesma é forma de espiral e mergullada na súa totalidade debaixo da auga bendita. (Na actualidade non ten auga polas medidas tomadas con motivo da pandemia que estamos a padecer). É fácil recoñecer incluso as partes da cabeza de animal representado, os seus ollos, a súa boca, dentes,..
Esta representación hai que entendela no contexto da asunción de que a auga bendita era purificadora, limpaba todo pecado, pecado que estaba representado pola serpe, co que a mensaxe que transmitía a Igrexa con esta escena é a do pecado sometido polo ben, a auga bendita.
Para algúns autores tamén podería entenderse unha interpretación pagá, xa que ao considerar á serpe como animal portador da sabedoría, ao mergullar a nosa man na pila para coller un pouco de auga, quedariamos impregnados por esa sabedoría.
Para os interesados en visitar a vila e gozar deste magnífico templo, dicirvos que a igrexa se atopa na parte alta do centro histórico
A vila de Muros foi fundada, segundo parece, polo rei Sancho IV o Craso no século X. Pero isto non quere dicir que non existise neste emprazamento unha importante poboación, como o demostran os restos prehistóricos descubertos en diversos lugares, especialmente as estacións de arte rupestre da Idade do Bronce ou os restos da calzada romana fronte á illa da Creba.
A finais do século XIII deixou de ser vila realenga para pasar a depender da Sede Compostelá, por unha concesión de Fernando IV que a cambiou pola praza de Tarifa. O escudo do concello conserva os emblemas de Castela e León como recordo da súa dependencia dos soberanos daqueles reinos; as dúas vieiras, que acompañan a unha carabela, refírense á súa dependencia compostelá.
No ano 1452, o rei de Castela, Juan II, cítao como un dos máis grandes portos de Galicia, habilitándoo para exportar e importar. Nel cabían máis de 50 barcos, segundo o relato do cardeal Hoyo, que o visitou no século XVII. Pouco antes, no 1544, a boca da ría foi escenario da batalla de Muros, na que a escuadra francesa foi derrotada pola española, mandada polo almirante Álvaro de Bazán.
Na guerra da Independencia padeceu un terrible ataque das tropas napoleónicas que esnaquizaron a vila en pouco máis de doce horas. Aquí naceron o tres famosos bispos do mesmo nome: Diego de Muros. O máis coñecido foi Diego de Muros II, secretario do cardeal Mendoza. El foi quen lles deu aos Reis Católicos a idea de facer o Hospital Real de Santiago, actual Hostal dos Reis Católicos, e quen fundou, en 1501, o Estudo de Humanidades que daría orixe á Universidade compostelá.
O visitante poderá comprobar que Muros é unha das vilas medievais mellor conservadas de Galicia, podendo gozar ademais do seu patrimonio natural ao redor da fermosa ría que a acolle, a súa excelente gastronomía, clima agradable e a calor humana dos seus habitantes, con elementos arquitectónicos ademais da explicada Igrexa de San Pedro. Hai que dicir que a vila de Muros foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1970 O legado medieval faise evidente en cada recuncho, nos seus canellóns laberínticos e nobres vivendas, así como en edificios singulares, ademais da xa comentada igrexa de San Pedro, falamos do Muíño de Mareas do Pozo de Cachón, do século XIX e que como curiosidade sinalar que se utilizaba para aproveitar a enerxía dos fluxos das mareas. E aínda por riba, hai moitas máis alternativas para pasar unha xornada inesquecible, por iso recomendámosvos gozar da visión das preciosas vivendas da zona histórica construídas con sillares de pedra e amplas galerías porticadas na parte baixa e balcóns corridos na parte superior, a Praza de Santa Rosa co seu belo cruceiro do século XVIII, a antiga fonte da Xesta, A Pescadería Vella, o Santuario da Virxe do Camiño. Mesmo petróglifos, datados en torno ao 2000 a.C., descubertos en diversos lugares de Muros, o que converte a esta vila nunha das principais estacións rupestres de Galicia. A maioría deles pertence á Idade do Bronce e representan círculos illados, que poden relacionarse con representacións solares, ou unidos con outros debuxos que se relacionan con temas de fecundidade.
O Santuario da Virxe do Camiño, de estilo gótico, século XV, acolle unha imaxe da Virxe que, segundo a tradición, chegou por mar e foi atopada nunha praia veciña. A fachada principal ten encostado un edificio que correspondeu ao antigo Hospital de Lazarados. O conxunto da obra foi declarado recentemente Monumento Nacional. Esta edificación tamén funcionou nun tempo como lugar de acollida para os peregrinos que desde Compostela se dirixían a Finisterre.
E por último informar, ou se non fose o caso, lembrar aos atentos lectores que na contorna próxima de Muros hai outras localidades como Noia que merecen tamén unha visita da que sen dúbida sairedes altamente satisfeitos.
Se desexades facer unha visita guiada en Muros podedes consultar as alternativas en https://www.murosaugaesal.com/gl/