Xa temos a programación de actividades que se desenvolverán dentro da XXVIII edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que terá lugar os días 9, 10 e 11 de agosto. Esta festa conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Galego.
Nesta nova edición, o máis destacable é que contará con preto de 150 postos, especialmente de artesanía e gastronomía.
Como novidades importantes, cabe destacar a inclusión dun concerto de música andalusí, cristiá e sefardí co título “A muller no Al-Andalus”. Tamén unha interpretación histórica de Mondoñedo a cargo da Asociación Cultural Pasatempo.
Numerosas actividades complementarias: pasarrúas de bufóns e xograres, monicreques, xogos para os máis pequenos, Seguirán o torneo medieval, campamentos medieval e infantil, actuacións na rúa, cea do sábado, torneo medieval, recreación vodas polo rito mozárabe, … encherán novamente de vida e cor una das festas que, a pesar da axustada dimensión da localidade, é sen dúbida una das máis fermosas que se celebran no verán en Galicia.
Se non coñecedes esta festa aconsellámosvos leades a nosa crónica da edición 2018 que vos deixamos nesta ligazón: Crónica Feira Medieval Mondoñedo 2018.
Tamén vos recomendamos leades a nosa entrada dedicada a este fermoso municipio lucense: Gozar Mondoñedo.
Seguidamente deixámosvos o programa completo do tres días: PROGRAMA XXVIII Mercado Medieval Mondoñedo.