Xa se coñecen as datas para a nova edición da Festa da Istoria en Ribadavia. Terá lugar os días 30 e 31 de agosto de 2019.
Como xa vos contamos, en relación coa edición 2018, e que podedes recuperar lendo FestaRivadavia2018, esta festa lévanos atrás no tempo ata a judería medieval, recuperando as tradicións antigas e históricas que formaron parte da historia da rexión. A contorna é espectacular e está pensado para todas as idades, é sen dúbida una das mellores festas de Galicia.
Nesta “Festa da Istoria” participan todos os veciños de Rivadavia e conta cun amplo programa de actos que inclúen ceas medievais, bailes, voda xudía, desfiles, cetrería, teatro, tiro con arco, ajedrez viviente, o desfile polas principais rúas da cidade e o soado combate entre cabaleiros.
É unha forma de recuperar as tradicións ancestrales e históricas, que formaron parte da historia da comarca. O nivel de detalle desta festa é moi completo, chegando a acuñar a súa propia moeda, os maravedís, para a realización das distintas transacciones comerciais. Os actos centrais son o Torneo Medieval, a simulación dunha Voda Xudía, terminando coa famosa Cea Medieval no castelo, onde é imprescindible acudir vestido de época.