En pleno mes de Xullo o “Mercado Medieval Costa da Morte” que se celebra na vila coruñesa de Corcubión, é, sen dúbida, unha cita que concentra múltiples atractivos.
O pasado medieval, recollido na web mercadomedieval.info, baséase na seguinte historia: coa constitución do primeiro Reino Medieval europeo, logo de asinar suevos e romanos un pacto (foedus) que supón o recoñecemento tácito por parte dos romanos do novo estado suevo como poder independente, comeza en Galicia a Idade Media, periodo de moita importancia, xa que é neste tempo cando se conforman e comezan a definirse unha serie de elementos que nos constitúen hoxe como nación. Así na Idade Media, a nosa cultura alcanza uns niveis de prestixio que fan do galego una das linguas máis importantes de Europa. Ademais, o noso territorio actual confórmase tamén na Idade Media no noroeste da Gallaecia, que existiu como unidade ao longo de grande parte do alta Idade Media. Nos últimos tempos da Idade Media adquire importancia unha familia que xogará un importante papel na vila de Corcubión: os Moscoso, que alcanzan o título de Condes de Altamira nos últimos tempos do rei Enrique IV. Ten capital importancia neste tempo para a vila de Corcubión o seu porto, o máis occidental de Galicia.
No ano 2018, celebrouse a decimoctava edición do Mercado Medieval Costa dá Morte, e deste xeito durante o segundo fin de semana do mes de xullo, a vila coruñesa de Corcubión retornou ao pasado, e para iso engalanaron as súas rúas para acoller decenas de artesanos, que mostran e venden os seus magníficos e exclusivos produtos, á vez que, na súa rúas e prazas teñen lugar un bo número de actividades e actuacións ao aire libre. Todo un deleite para cantos asistentes acoden a esta cita “histórica”. Nesta ocasión o Mercado desenvolveuse entre os días 20 a 22 de xullo, e presentou como novidade respecto de edicións anteriores a recuperación da recreación do desembarco, no ano 1457, das tropas do arzobispo Rodrigo de Lúa.
Para cantos animédesvos a acudir á cita anual deste magnífico evento, o feito de que Corcubión sexa unha vila costera, permite compaxinar o goce da praia, o clima e a ambientación medieval para ter un fin de semana con múltiples posibilidades.
Desde a nosa humilde opinión, aspectos a mellorar serían: a información sobre as actividades e actuacións, promover a ambientación dos establecementos de hostelería e, sobre todo, incentivar que os asistentes se ambienten tamén mediante unha mínima caracterización ao modo medieval. En todo caso, unha vila preciosa e un Mercado para gozar.
En posteriores publicacións ampliaremos información, consellos e programación para a próxima edición.