Na edición deste ano, 2019, Baiona conmemorará o 526 aniversario do regreso da carabela “A Pinta”,e a súa chegada a esta vila coas novas do Descubrimentos das novas terras, concretamente a nave capitaneada por Martín Alonso Pinzón, fixo a súa chegada o 1 de marzo de 1493, sendo o primeiro porto en recibir as noticias sobre o Descubrimento das terras americanas. Colón, pola súa banda, chegaría apenas 3 días máis tarde, o día 4, tomando terra no Porto de Cascais, localidade próxima á capital portuguesa, Lisboa.
Deixámosvos o enlace FestaArribada2018, coa información correspondente á última edición, 2018, para facervos unha idea máis ampla da grandeza deste evento.
Na edición 2019, a celebración terá lugar os días 2 e 3 de marzo, fin de semana no que todos os asistentes poden gozar da oferta dos produtos comercializados por un bo número de artesanos, así como ter a oportunidade de “vivir” dalgún xeito ao uso da época, podendo gozar, entre outras actividades de duelos e retos de esgrima, demostracións de arco, etc.
Cabo recordar que a Festa dá Arribada conta, desde o ano 2015, co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.
En canto teñamos máis información sobre o programa de actividades, irémola comunicando.