A vila coruñesa de Negreira, prosegue na súa intención de consolidar a “Feira do Románico”, ue na edición deste ano, 2018, e que fai a número XII, tivo lugar entre os días 24 ao 26 de agosto.
Para este ano, (edición á que non puidemos asistir), conforme ás informacións solicitadas, a Feira do Románico de Negreira incluíu dúas grandes novidades. Por unha banda, a data de celebración, que se adiantou ao último fin de semana de agosto. E, por outro, a especial atención que se dedicou aos máis pequenos, poñendo en marcha iniciativas como a instalación dunha gran tirolina de 80 metros, a ubicación da zona de lecer infantil entre a rúas do Carme e Castelao, incluíndo tamén xogos e un carrusel medieval.
Aínda que se trata de unha festa i bien se trata de una de festa pequena envergadura, o certo é que busca situarse como un evento de calidade no calendario de festas históricas en Galicia, por iso, en aras de conseguilo, intenta cada ano capitalizar a experiencia dos anos anteriores.
Negreira, é unha vila que se sitúa sobre o río Tambre- É unha localidade coruñesa de algo máis de 7.000 habitantes e capital da comarca da Barcala. É punto de paso obrigado para os caminantes que queren levar o seu peregrinación máis aló de Santiago de Compostela, concluíndoa nas atlánticas Finisterre ou Muxía.
Confiamos en que esta festa consiga asentarse, atopando a súa propia estrutura, dimensión e personalidade. Desde aquí, desde o noso humilde Blog, apoiarémoslles facilitando oportunamente a información que vaiamos obtendo.