A cidade e o porto da Coruña, foron protagonistas en numerosas ocasions ao longo da historia. Hoxe imos dedicar unhas liñas a comentar a denominada Expedición de García Jofre de Loaísa ás Illas Molucas, que partiu da Coruña o 24 de xullo do ano 1525, tras ser bendicido o estandarte real e realizada a cerimonia de homenaxe.
Non en balde, tal e como nos lembra o historiador coruñés Xoxé Alfeirán: o Porto de Galicia era un dos máis seguros de todos os portos, como tal xa o describía o humanista Pedro Mártir de Aglería na súa obra “De Orde Novo”, no contexto do século XVI marcado pola situación estratéxica da Coruña nas rutas atlánticas e pola súa proximidade aos portos do norte de Europa, onde se atopaban os principais centros de consumo e tamén pola presión exercida polos nobres galegos e os armadores vascos, o rei-emperador Carlos de Habsburgo decidiu outorgar en 1522 á cidade da Coruña o privilexio exclusivo sobre as expedicións e o comercio coas illas Molucas ou illas das Especias. Para chegar ás mesmas era necesario ir seguindo a ruta que bordeaba América do Sur e despois cruzaba o Pacífico.
Esta expedición marítima, de iniciativa española, tiña como obxecto tomar e colonizar as illas Molucas, ricas en especies. Este obxectivo tamén o perseguía a coroa de Portugal, que chegaría até as Molucas seguindo a ruta que bordeaba África e a India. A expedición estaba dirixida polo navegante García Jofre de Laísa, comendador da Orde de San Juan, nomeado capitán xeral e gobernados das Molucas.
Se profundamos na procura dos antecedentes que deron lugar a esta expedición, debemos remontarnos apenas tres anos facía atrás, para atoparnos con que tras a primeira circunvalación realizada por Juan Sebastián Elcano, o emperador Carlos I toma a decisión de pór en marcha unha frota, dotada con medios humanos e armamentísticos para conquistar as Illas Molucas e incorporalas ao gran imperio hispano, tras o fracaso da conversación para dirimir a
A expedición estaba formada por uns 450 homes, a maioría vascos e galegos, entre os que cabe resaltar a Juan Sebastián Elcano, Andrés de Urdaneta (que chegaría a ser o máis grande cosmógrafo do seu tempo), e Rodrigo de Triana (que avistou América na primeira viaxe de Colón). Partiron sete naves:
- a Santa María da Vitoria, de 360 tonelis e da que era a capitá e levaba ao mando a García Jofre
- a Sancti Spiritus, cuns 24 toneis, cuxo capitán era Juan Sebastián Elcano, o piloto maior
- a Anunciada, dunhas 170 toneis, ao mando de Pedro de Beira
- a San Gabriel, con 156 toneis, comandada por Rodrigo de Acuña
- a Santa María do Parral, de 96 toneis, con Jorge Manrique de Nájera ao mando
- a San Lesmes, comandada por Francisco de Fouces e con 80 toneis
- o patache Santiago (duns 50 toneis, con Santiago de Guevara ao mando
De todas elas, só unha, a Santa María da Vitoria chegaría a porto nas illas Molucas.
Antes de partir os comandantes dos barcos xuraron fidelidade na baía ante o vicerrei de Galicia, o conde don Fernando de Andrade.
A armada formada polos citados barcos construíuse nos portos de Bilbao e A Coruña.
En canto aos homes embarcados, a maioría eran soldados ben armados e pertrechados. As naves non ían menos preparadas, pois se sabía que habería conflitos. Aínda que non se atopou rexistro que describa as pezas e tipo de artillaría de cada nave, parece lóxico pensar que a nave capitá levaría polo menos 20 pezas. Destas, un seis serían de gran potencia e peso. A tropa acompañaba as súas armas brancas con arcabuces e ballestas.
No que respecta á composición podemos dicir, tal e como anticipabamos en parágrafos anteriores, que o groso da mariñeiría se dividiu entre andaluces, vascos, cántabros e galegos. Para o resto de postos incluíronse alemáns, flamencos e italianos. Das naves sábese que tres foron construídas en Galicia e catro en Vascongadas.
A expedición partiu do porto da Coruña antes do amencer do 24 de xullo de 1525, pasou o 31 de xullo ante Madeira e o 1 de agosto arribou a illa de *Gomera, onde fixeron unha escala de doce días, que se aproveitou para repoñer ás naves, entre cousas de auga, leña, carne fresca e repostos de velamen.
Durante a expedición, aínda que cabe destacar o gran número de descubrimentos xeográficos realizados, tamén hai que dicir que pasaron por numerosas circunstancias adversas: afundimentos de barcos, desercións, falecementos (entre eles os de Juan Sebastián Elcano e a do almirante García Jofre, vítimas do escorbuto).
Ao longo da travesía, a expedición sufriu a perda por afundimento da Santa María do Parral e da Sancti Spiritus, o patache Santiago e a San Lemes, aínda que estas últimas parece ser que arribaron a outros portos. Ademais o resto das naves empezaron a sufrir os efectos da dura travesía.
A única nave que culminaría a expedición, a Santa María da Vitoria sería a protagonista do descubrimento, o día 21 de agosto de 1525, da illa de San Bartolomé. Logo pasarían polas illas de Guam e Mindanao nas Filipinas, para finalizar a travesía nas Molucas, onde arribarían o día 2 de outubro do ano 1526.
Pero sigamos paso a paso coa travesía…
A frota detívose na Gomera, fixo augada e continuou pola costa africana até o golfo de Guinea, onde virou cara a América aproveitando o alisio meridional.
O 15 de outubro chegaron até unha pequena illa, aparentemente deshabitada, a actual illa de Annobó, no Golfo de Guinea. Esta illa foi recollida co nome de San Mateo. Foi o momento en que os expedicionarios aproveitaron para refacer forzas e recompor as naves tras os danos ocasionados polo temporal sufrido días antes.
Desde a illa de San Mateo, partiron cara a Brasil, onde chegarían o 19 de novembro, véndose obrigados a virar ao sur, ao tratarse ditas terras de propiedades do reino de Portugal. Tras percorrer esas terras, e sufrir un novo temporal, perdeuse a nave capitá, sen que houbese un reencontro entre todas as naves da frota, a pesar dos intentos de logralo. Como consecuencia a capitá continuou rumbo soa, dirixíndose a río da Santa Cruz, seguindo as estipulacions previstas por Loaísa. Aproveitando a enseada, Elcano decidiu esperar un tempo en Santa Cruz, a ver se se lograba reunir todas as naves, suposto que se tratou no consello de capitáns na illa de Gomera; pero a proposta foi rexeitada pola totalidade dos capitáns. No entanto, acordouse deixar nun illote unha gran cruz e debaixo dela unha pota coas indicacións para atopar a expedición no caso de que as dúas naves perdidas desen co lugar, dicindo que as esperaban facendo auga e leña no Porto das Sardiñas estreito de Magallanes.
Á chegada a Magallanes, e tras algún erro nos accesos por parte de Magallanes, deberon padecer novamente as inclemencias desatadas polas forzas da natureza, provocando que a nave Santi Spiritus sufrise un sinistro contra as rocas. Estaban xa no día 21 de xaneiro, día en que Elcano convocou o consello de capitáns, decidíndose que Andrés de Urdaneta, con media ducia de homes, fóra até onde se quedaron os náufragos da Sancti Spiritus. A misión encomendada non era fácil, pois o angosto do terreo, o frío e os ventos constantes facían daquelas terras en grao sumo inhóspito do planeta. Desembarcaron e pisaron terra, e ás poucas horas presentáronselles uns indios do lugar, os Selknam, que impresionaron aos españois pola súa elevada estatura. Á tardiña do día seguinte, conseguiron chegar ao lugar onde se atopaban os náufragos, cuxa alegría foi indescritible, pois todos dábanse xa por perdidos.
Namentres, Elcano, co tres naves restantes, preparábase para o paso do Estreito, e mandou lanzar as áncoras a un cinco leguas da súa verdadeira entrada. Ao desencadearse de novo a bravura das augas, as naves foron novamente estragadas, comezando por perder os bateis que estaban trincados a popa. A dotación da Anunciada entrou en pavor, empezando a ampararse ao ceo “pedindo misericordia”, xa que as naves ameazaban con estrelarse contra os altos cantiis. Entón Elcano, logrando chegar onde atopábase Pedro de Beira, capitán da nave, explicoulle que se a xente comezaba a traballar de firme “como bos mariñeiros”, podíase salvar a nave. Dous días despois, a nave Anunciada atopouse coas dúas naves de Loaísa fondeadas, con Urdaneta e os náufragos da Sancti Spiritus.
Tras novos temporais, a capitá da expedición estrelouse, e salvo o maestre e uns poucos mariñeiros que abandonaran a nave, críase, que non era posible que Loaísa salvouse. Martín de Valencia confesoulle ademais que sentía derrotado ante tantos e tan repetidos desastres, e por iso resolvía o dar por terminada a expedición e regresar a España. Pero Elcano non pensaba o mesmo, polo que ordenou o envío de auxilios aos seus compañeiros e o tentar rescatar a nave Vitoria. Grazas ao seu oportuno auxilio conseguiuse que a capitá non se afundise, salvando ao mesmo tempo a todos o que permaneceran a bordo.
Nos primeiros días de febreiro aparece no diario de Urdaneta unha anotación informando sobre a deserción da Anunciada, cuxo capitán, Pedro de Beira, expresou o seu propósito de navegar cara ás Molucas polo cabo de Boa Esperanza, é dicir, con rumbo oposto.
Despois das tormentas padecidas e o encallamento da capitá, as naves non estaban para aguantar ningún temporal. Ademais tamén se produciu a deserción da nave San Gabriel, que emprendeu viaxe de regreso a Castela.
Coa deserción da Anunciada e a San Gabriel, a expedición quedaba ferida de morte, pois a iso había que engadir que o resto das naves non estaban, como se dixo, en condicións de navegar. Neste fondeadeiro permaneceron por espazo dun mes reparando as naves e facendo provisión de comida. As condicións da pesca eran moi fáciles, xa que na baixamar mesmo se podía coller o peixe coa man; alí tamén probaron por primeira vez a carne de foca.
Os expedicionarios dedicáronse case por completo a reparar a capitá. A base da provisión dos materiais da perdida Santi Spiritus e dos que levaban de reposto nos demais buques, conseguiuse volver pór á boia a Santa María da Vitoria utilizando, en case toda a tablazón, ferros de chumbo e “cintas de ferro”.
A finais do mes de marzo renovouse o difícil paso do estreito de Magallanes, un labirinto de entradas e saídas de 305 millas mariñas de lonxitude, o que obrigaba a ter en constante vixilancia a algún buque explorador. Pero a mala sorte parecía perseguir a Loaísa: cando xa estaban a piques de saír, na súa nave, por estar acendido un lume para cocer unha caldeira de brea, prendeu lume a cuberta. O pánico apoderouse da dotación, que se amontoou para abordar a chalupa e facerse á auga. Por sorte outros mariños acudiron ao lume e lograron apagalo. Loaísa non se entretivo en contemplacións, e ao ver o lume sufocado “afrontou de palabra a todos os que entraron no batel”.
O 12 de abril, a expedición arribou ao porto da Concepción e o 16 atopábase na punta de Santa Ana, que os expedicionarios bautizan co sobrenome de estreito das Neves, por estar todos os seus cumes cubertos dela. O ensordecedor ruxir da mar, ao atoparse os dous océanos, facía tremer os cascos das naves.
Tras diversas peripecias, o sábado 26 de maio de 1526, véspera da festividade da Santísima Trindade, a armada alcanza o extremo da illa Desolación e dobra o cabo Desexado, saíndo do estreito de Magallanes tras 48 días de travesía polo mesmo.
Nos primeiros días de xuño unha forte temporal dispersou á frota, e a capitá, a nave Santa María da Vitoria, atopándose soa proseguiu a viaxe. A súa situación empeoraba por momentos, pois, por mor dos temporais, as súas reparacións habíanse resentido e comezaba a facer auga. Tanta que as bombas de achique non daban para desaloxala. Ademais, o escorbuto empezou a causar estragos entre os tripulantes, dando comezo a unha triste e longa lista de falecidos ao seu bordo. O 24 de xuño faleceu o piloto Rodrigo Bermejo; o 13 de xullo seguiulle o contador Alonso de Tejada; o día 30, catro días despois do paso do Trópico de Capricornio, morría o xefe da expedición capitán xeral Loaísa, sendo nomeado xeral da expedición Juan Sebastián de Elcano, xa moi enfermo, que faleceu 5 días despois, o 4 de agosto. Andrés de Urdaneta foi un das testemuñas que asinaron o testamento do insigne mariño, no que dedicaba un recordo emotivo ao seu lugar natal. En substitución de Elcano foi nomeado xeral Alonso de Salazar.
O 21 de agosto descubriron a illa de San Bartolomé, chegando ás Marianas o 4 de setembro e por fin, ao día seguinte, a illa de Guam, onde se lanzaron as áncoras. Inmediatamente, unha gran cantidade de piraguas rodearon a nave a gran velocidade. Abordounos un grupo de indíxenas, totalmente espidos, cunha facilidade que asustou aos tripulantes. Pero deles destacouse un, que nun perfecto castelán con acento galego, espetoulles: “Buenos días, señor capitán y maestrey buena compañía.” Este home non era outro que Gonzalo de Vigo, desertor da expedición que, comandada por Gonzalo Gómez de Espinosa, separouse de Elcano en 1521, nas Illas Molucas, nun intento de atravesar o Pacífico rumbo a Darién.
Aínda non recuperados do todo, o 10 de setembro volvéronse a facer a mar. Ao amencer do 2 de outubro, desde a cofa deuse aviso de terra na mesma liña do horizonte: tratábase da illa de Mindanao.
Apenas tres semanas máis tarde, o día 22 de outubro, chegan a Tálao, onde se abasteceron e pertrecharon con abundancia comerciando cos seus habitantes. Logo irían a Gilolo, a maior das pertencentes ás Molucas, onde chegaron o 29 de outubro. Á súa chegada os seus habitantes viñéronselles encima coas súas canoas, confundíndoos con portugueses.
Pronto as rifas da repartición do mundo polo tratado de Tordesillas provocarían a guerra entre españois e portugueses, por estar estes en territorios daqueles. Pero a acción dos españois, que fora atopada de boas maneiras por parte dos nativos, provocou o que uns se puxesen dun lado e os outros doutro.
Partiron desta illa e o día de Ano Novo de 1527 a nave arribou a Tidore, onde foron ben recibidos e se avituallaron novamente de alimentos frescos; pero o trato cos aldeáns era irregular, polo que houbo varios enfrontamentos entre ambas as forzas. O 17 de xaneiro os portugueses tentaron abordar a nave española, embarcados nas canoas dos indíxenas; pero cometeron o erro de facelo nunha noite de lúa chea, polo que os vixías de garda da nave abriron fogo sobre eles, o que provocou que a sorpresa xa non fose tal e que os españois saísen todos a ocupar os seus postos. Ao final, o resultado foi dun morto e dous feridos portugueses e un morto e catro feridos polos españois. Á tardiña dese día, os españois, con douscentos indíxenas, abortaron un intento de desembarco nas proximidades da nave para fustigar con artillaría ao buque. Cando se retirou, apareceu unha veloz embarcación que percorría a costa e desta forma apreciouse que portaba unha bandeira vermella, na que claramente se lía: “A sangue e lume”.
Ao seguinte día regresaron os portugueses, e comezou un novo cañoneo. De resultas del a Santa María da Vitoria resultou alcanzada por tres deles. Pero, ao parecer, o maior dano sufríao o buque ao disparar as súas propias pezas de artillaría, polo que quedou inservible para ser aparellado e volverse a facer a mar.
O 27 de marzo de 1528 chegou a Tidore a nave Florida ao mando de Álvaro de Saavedra Cerón, enviada por Hernán Cortés para buscar ás expedicións de García Jofre de Loaísa e de Sebastián Caboto esta última quedou no Río da Prata en cumprimento de ordes do emperador.
Tras varios meses de loita, os portugueses tomaran Tidore, abandonada polos españois, o mesmo que as naves españolas, polo que os 18 sobreviventes da Florida continuaron cara a Malaca, onde foron apresados polos portugueses, morrendo alí dez deles. Os españois de Tidore continuaron a loita fóra da fortaleza ocupada polos portugueses, pero en 1529 Hernando da Torre asinou a paz co capitán portugués das Molucas, Jorge de Meneses. Acordouse que os españois permanecerían na illa de Maquien que tomaran ao rei de Ternate, sen tentar comprar cravo de cheiro nin aliarse aos inimigos dos portugueses, os reis de Gilolo e Tidore. Posteriormente foron trasladados a Goa na India, onde se lles uniron os sobreviventes da expedición de Saavedra.
Os últimos 24 sobreviventes, derrotados, chegaron a Lisboa nun navío portugués, a mediados de 1536.
Pouco despois Juan III de Portugal e Carlos I de España, que eran monarcas e cuñados, chegaron ao acordo de fixar o contrameridiano do Pacífico, polo tratado de Zaragoza, asinado o 1.529 entre España e Portugal, atribuíuse as Molucas a Portugal e as Filipinas a España.
España volveríao a tentar, reafirmándose nas súas pretensións, España enviou o 1 de novembro de 1.542, unha forte expedición militar á zona, formada por 370 homes en 6 naves, que foi capturada polos portugueses en Tidore en 1.544, o que permitiu a Portugal a ser a potencia dominante nas Molucas durante o resto do século XVI.
En todo caso, é sabido que a sorte xoga un papel importante cando unha expedición parte cara ao descoñecido. Neste caso, a expedición de Loaísa, non contaría con ela. Esta expedición tivo que seguir adiante durante varios anos sen o seu comandante en xefe. É certo que fixeron moitos descubrimentos, pero non o é menos que serían lembrados pola guerra librada contra Portugal naquel pequeno recuncho de Asia, as illas Molucas.
Os homes participantes nesta expedición foron uns valentes, quen coa pouca dotación técnica da época, o descoñecemento das terras que buscaban, a escaseza de recursos, lanzáronse ao descoñecido con gran arroxo.
Doutra banda, cabe resaltar a figura de Frei Francisco José Garcá Jofre de Loaísa, protagonista que dá nome a esta expedición, polo que fagamos un rápido repaso á súa biografía: era natural de Cidade Real e pertencía a unha das grandes familias da nobreza castelá. O seu irmán Francisco, foi confesor de Carlos I, bispo de Osma e provincial dos dominicos. A súa formación foi a propia dun Caballero da época, ingresando na orde dos Cabaleiros de Malta (Orde de San Juan). Dentro desta orde, Francisco José chegaría a ser comendador de Barbales.
A carreira de Jofre daría un salto ao servizo de Carlos I, para o que iría ocupando cargos importantes ata que en 1524 foi elixido como Capitán Xeral. Sería o Comandante en xefe da Frota encargada de reivindicar as Illas Molucas para a Coroa. José García Jofre gozaba dun gran prestixio na corte. Tanto é así que Carlos I nomeouno Gobernador e xustiza maior das Illas Molucas, o que podemos entender como un vicerrei para aqueles novos territorios.
Da súa misión sirva como resumen este extracto:
“Por cuanto Nos mandamos ir al presente una armada a la continuación y contratación de la especiería a las nuestras islas de Maluco, donde habemos mandado que se haga el asiento y casas de contratación, que para el trato de ellas y de las naos que de presente van en la dicha armada, y hemos de proveer de nuestro gobernador y capitán general de la dicha armada y de las dichas islas de Maluco, e tierras, e provincias de ellas, e de oficiales nuestros que con él residan, que vayan e anden en la dicha armada,
Por ende acatando la persona y experiencia de vos Frey García de Loaisa, Comendador de la orden de S. Juan, que sois tal persona que guardareis nuestro servicio, e que bien y fielmente entenderéis en lo que por Nos vos fuere mandado y encomendado, es nuestra merced y voluntad de vos nombrar, y por la presente vos nombramos por nuestro Capitán general de la dicha armada, desde que con la bendición de nuestro Señor se haga a la vela en la ciudad de La Coruña, hasta llegar a las dichas islas, porque a la vuelta que venga la dicha armada, ha de venir por nuestro Capitán general de ella la persona que por Nos fuere mandado,
E vos habéis de quedar en las dichas islas para tener la gobernación de ellas: y asimismo vos nombramos por nuestro Gobernador y Capitán General de las dichas islas del Maluco, e hayáis y tengáis la nuestra justicia cevil e criminal en la dicha armada, y en las dichas islas e tierras de Maluco, así de naturales dellas, como de otras cualesquier personas, así de nuestros reinos e señoríos, como de fuera dellos que en ellas estuvieren, e de aquí adelante a ellas fueren, e de las que fueren y anduvieren en la dicha armada.
E por esta nuestra carta mandamos al presidente, y los del nuestro Consejo de las Indias, que luego que con ella fueren requeridos, tomen e reciban de vos el dicho Comendador Frey García de Loaisa el juramento y solenidad que en tal caso se requiere, e debeis hacer; el cual así fecho, mandamos a los capitanes y oficiales y maestres y contramaestres, pilotos, e marineros, e otras cualesquier personas e gente que en la dicha armada fueren o en las dichas tierras estuvieren, y con vos residieren, y a ellas fueren, que vos hayan, reciban y tengan por nuestro Gobernador y Capitán general, y Justicia mayor de las dichas tierras, e usen con vos, e con los dichos lugartenientes en los dichos oficios por el dicho tiempo que nuestra merced y voluntad fuere,
E como tal vos acaten, y obedezcan, y cumplan vuestros mandamientos, so la pena e penas, que vos de nuestra parte les pusiéredes y mandéredes poner; las cuales Nos por la presente les ponemos, e habemos por puestas, e vos damos poder y facultad para las ejecutar en sus personas e bienes.
Y es nuestra merced, y mandamos, que hayáis, e lleveis de salario en cada un año de los que ansi vos ocupáredes en lo susodicho, contando desde el día que la dicha armada se hiciere a la vela con la bendición de nuestro Señor en la ciudad de la Coruña, hasta que en buena hora volváis a ella, dos mil e novecientos ducados, que montan un cuento y noventa y cuatro mil y quinientos maravedís, los cuales mandamos a los nuestros oficiales, que residen en la dicha ciudad de la Coruña en la Casa de Contratación de la especiería,
Que vos den y paguen en esta manera: los ciento cincuenta mil maravedís luego adelantados, que es nuestra merced de vos mandar dar con que vos adecereis, y proveais de las cosas necesarias para el viage, y lo restante, que se montare en vuestro salario a razón de los dichos un cuento y noventa y cuatro mil y quinientos maravedís por año, a la vuelta que volváis a estos Reinos en llegando a ellos en la dicha Casa de la Contratación de la especiería, sin nos pedir nueva libranza para ello, solamente por virtud de esta nuestra provision y asimismo que podáis traer en cada armada de las que vinieren, entretanto que vos estuviéredes en aquellas partes en el dicho cargo e gobernación, quince quintales de especiería, y la mitad sobre cubierta, y la otra mitad debajo de cubierta, y ocho cajas ansi mismo sobre cubierta.
Y otrosí, por esta nuestra carta mandamos a los dichos nuestros oficiales de la Coruña, que luego que vos paguen quinientos ducados, que es nuestra merced de vos mandar de ayuda de costa, a costa de toda la dicha armada, habiendo respeto a lo que os habéis ocupado, y habéis de ocupar ante que la dicha armada parta, con que vos podáis mejor aderezar demás de los ciento y cincuenta mil maravedís, que vos mandamos de dar en cuenta de vuestro salari”.
Dada en la villa de Madrid a cinco días del mes de Abril, año del nacimiento de nuestro Salvador Jesucristo de mil e quinientos e veinte y cinco años.
Sen dúbida unha expedición que merece, pola súa heroísmo e dimensión, non ser esquecida.
Lectura recomendada:
Referencias:
Conquista de las Islas Molucas. De Leonardo de Argensola, B.
Estudio histórico-Jurídico de la expedición de García Jofre de Loaisa a las islas Molucas. De Ortuño Sánchez-Pedreño, J.M.
La expedición de Loaysa: una guerra en las antípodas. De Rodríguez Gonzalez, A.R.
https://traslaultimafrontera.com/la-expedicion-de-loaisa/
https://viajesnavales.wordpress.com