Castelao, talento e compromiso
Sen dúbida Castelao, noutros lugares do mundo, sería un home máis lembrado e estaría moito máis presente na vida do pobo. Pero por diferentes motivos, o seu legado non aparece demasiado vívido na sociedade galega, e moito menos nas organizacións políticas e sociais, que en moitos casos, como pasou con outros moitos grandes homes da historia, a súa figura foi incorporada e apropiada por diferentes entidades, partidos e persoas cun pensamento e unha conciencia de pobo moi distante da que Castelao tiña.