A Festa da Arribada, que anualmente se celebra na localidade Pontevedra de Baiona, na súa edición do 2019 contará con máis de 200 postos de artesanía e comida. Deles 71 serán postos individuais de venda de artesanía, situados no casco antigo. Outros tantos se dedicarán a comida e máis artesanía en cálea Marqués de Quintanar e Santa Liberata. Ademais haberá un bo número (37) de postos instalados polos propios establecementos que os situarán nas fachadas dos seus propios negocios.
Participarán 16 asociacións gremiais e seis paradas dos pobos irmáns (Paus da fronteira, Santa Fe de la Vega de Granada, Pornic, Vila do Bispo e Baiona).
A edición deste ano, a número XXIV, conmemora o 526 aniversario da noticia do descubrimento de América.
Como preámbulo, desde o día 21 de febreiro atopamos a exposición “Os Mesteres da Ribeira”, do historiador Anxo Rodríguez Lemos e Remigio Lenda Pereira.
.
As actividades da Arribada contan tamén co VII Ciclo de Conferencias dos Pobos Colombinos de España, que terá lugar o xoves 28 de febreiro, coa intervención do escritor e xornalista Javier Sierra e o seu relatorio “Sabía Colón onde ía” e rematará o 11 de abril coa novelista histórica, avogada e académica das artes, as letras e as ciencias, a doutora Almudena Arteaga e o seu relatorio “María Pita. A expedición filantrópica da vacina que salvou ao mundo das vexigas (1803-1814)”.
Como celebración do inicio da festa celebrarase o espectáculo “O Presaxio”, de Pablo Méndez, na praia Ribeira, que abrirá así as actuacións medievais da Arribada. Ademais o druída Haemus anunciará a inminente chegada dun navío cunha noticia que cambiase o mundo para sempre.
O sábado terá lugar o gran desfile medieval polo real mercado.
Haberá numerosas actividades, entre as que cabe destacar “A morada do Otto o Dragón e as Aves Xurásicas”, que sairán á rúa cando haxa mercado; “O Recuncho dos Monicreques”, “O Campamento Circense”, “A Alameda dos Aprendices”, onde os máis pequenos poderán facer gravados en madeira, ourivaría ou cerámica. Ademais poderanse a ver camelos e dromedarios, a zona de “Terrario exótico”, onde atoparán un encantador de serpes e pitons, e a “Granxa Medieval”, con burros, raposos e porco-espins na Praia Ribeira. Tamén haberá mostras etnográficas sobre a vida do boi en Galicia e apeiros de labranza, monicreques e campamento circense para nenos, talleres, mostra de palillos e calceta, cetraría,…
A música tamén terá cabida en Arribada, coa Banda de Música de Baiona, os concertos de Camerata Più Bassa, o grupo de gaitas A Seneira, entre outras agrupacións.
O colofón final porao a representación da obra da “Arribada do Descubrimento”, escrita por Avelino Sierra.
Salvo imprevistos de última hora, alí estaremos, polo que unha vez finalizada a Arribada 2019, faremos unha crónica sobre a nosa impresión do seu desenvolvemento nesta edición.