Os días 3 a 5 de agosto a cidade coruñesa de Ferrol organizou unha nova “viaxe” ao pasado, mercé á “Feira Medieval de Ferrol Vello”; e fíxoo sobre todo a través de máis de 140 actividades gratuitas con música, teatro, campamento infantil con zona de tiro con ballestas, lanzas e espadas, pasacalles, talleres de oficios tradicionais, espectáculos aéreo e de lume.
Na posta en escena, non faltaron os postos de artesanía e gastronomía, que chegaron este ano aos 120. Ademais, organizouse un concurso para as persoas que se animasen a acudir á feira vestidas de época.
Unha importante novidade tivo lugar o día da inauguración, xa que o pintor e ilustrador Leandro Lamas, encargado do seu proclamación, fíxoo mediante un breve, satírico e orixinal cantar de cego, típico desa época histórica.
Entre as actividades cabo destacar a zona infantil con carruseles, cama elástica e barco medieval. Así mesmo, o público asistente puido participar nos talleres artesanos de ebanistería, coiro, tintes vegetales, vidro, perfumes, chocolates, alpargatas ou babuchas, entre outros.
O teatro tamén tivo a súa presenza a través de eventos a cargo de “Zircus Divinorum”,ou música en vivo por parte de “Vos Brinqueiros”, e ata, por medio de “Mónica Atómica”, un espectáculo de aéreos, cordas, teas e elástico, así como unha exhibición de lume e malabares.
Un ano máis, non se permitiu a utilización de animais en ningún dos espectaculos do evento.
Para rematar, queremos destacar a apertura do novedoso campamento medieval, o espectáculo de danza do ventre a cargo de “Shakti Danza” e o sorteo de agasallos entre a xente vestida con rigor medieval.
En resumo, unha Feira na súa plenitude, e sobre a que, en posteriores publicacións irémosvos contando máis cousas de interese