Como seguramente saberedes este ano, 2020, en Tokio, entre os días 24 de xullo e 9 de agosto, estaba prevista unha nova edición dos Xogos Olímpicos, e que con motivo da crise que estamos a padecer víronse aprazados.
Para saber algo máis sobre os Xogos Olímpicos fagamos un repaso da súa historia, desde a súa orixe alá polo século *VIII a.*C. até a actualidade.
Como é obvio, empecemos polo principio, os Xogos Olímpicos naceron na cidade grega Olimpia, ao noroeste da península do Peloponeso. Tratábase duns xogos que foron dedicados ao deus Zeus e a Afrodita. Falamos do ano 776 a.C., data confirmada por ser a primeira vez en que se escribiron os nomes dos gañadores dunha carreira, polo que puidese haber celebracións anteriores non documentadas. Tratábase duns xogos moi diferentes aos que hoxe en días coñecemos, xa que, por exemplo, non había deportes por equipos nin premios para os segundos postos. Parece ser que Olimpia contaba cun estadio dunha gran extensión, capaz de acollerá máis de 40.000 espectadores, mentres que aos seus arredores estaban construcións auxiliares que se desenvolveron gradualmente e foron usadas como sitios de adestramento dos atletas e para os xuíces.
Quen acudían a Olimpia durante aqueles días como espectadores eran os verdadeiros protagonistas do maior espectáculo da Antiga Grecia. Un dos momentos máis importante dos Xogos producíase ao comezo do festival coa “hecatombe” coñecido como o sacrificio de 100 bois en honra a Zeus xusto diante do seu templo. Os participantes eran exclusivamente homes libres que non cometesen ningún crime. Entre os xogos máis destacados atopábase os Saltos, Pentatlón, Lanzamentos, loita e boxeo.
En momento final das competicións os xuíces entregaban aos gañadores unha coroa de oliveira a cal sería o único premio que recibían os atletas triunfadores.
Segundo a lenda, narrada polo historiador grego Pausanias contou que Heracles Ideo e o seu catro irmáns correron a Olimpia para entreter Zeus cando acababa de nacer. Como Heracles foi o primeiro en chegar gañou, e colocáronlle unha coroa de oliveira na cabeza. Outra teoría, a do escritor grego Píndaro, di que foi un dos fillos de Zeus, que construíu o primeiro estadio olímpico en honra ao seu pai.
O certo é que cada catro veráns e durante mil anos, a xente de cada recuncho da antiga Grecia concorría ás terras sacras da Antiga Olimpia para celebrar a súa paixón polas competencias deportivas. Os mellores atletas de cada cidade-estado e reino da antiga Grecia, e competían en honra a Zeus, un dos deuses gregos. Os Xogos Olímpicos eran un acontecemento tan importante que as guerras e conflitos entre as cidades-estado e reinos parábanse durante eses días, e reflectíanse en diversas obras de arte, como o Discóbolo de Mirón.
Barcos chegaban desde colonias gregas a un punto no que se mesturaban filósofos, poetas, escritores, apostadores, proxenetas, vendedores ambulantes, músicos e bailaríns, co fin de asistir aos antigos Xogos, que duraban cinco días e comezaban en agosto, como unha festa relixiosa. Eran miles de espectadores que chegaban a ver os Xogos á Antiga Olimpia levando un animal, que logo sería sacrificado para honrar ao deus Zeus. Moitos chegaban de colonias gregas que eran en principio rivais, pero que compartían unha relixión, unha lingua e o entusiasmo polo deporte.
Non se vendían entradas e moitos espectadores durmían á intemperie, a pesar de que membros oficiais das delegacións levantaban carpas e casetas.
As cerimonias relixiosas, como os sacrificios, a música, a actuación teatral, discursos de recoñecidos filósofos, recitais poéticos, desfiles, banquetes e celebracións de vitoria eran tamén cousa de todos os días naquela época.
Había moitos menos deportes e soamente podían competir homes que falasen grego. Os homes competían espidos e as infraccións castigábanse con azoutes. As mulleres tiñan totalmente vetado, tanto presenciar os xogos como a súa participación. O primeiro campión olímpico foi Corebo, un panadeiro da cidade de Elis, e non lle entregaron unha medalla, senón unha coroa de oliveira.
Os primeiros xogos consistían soamente nunha carreira a pé de 185 ó 190 metros (un longo da pista de atletismo). Posteriormente, fóronse engadindo carreiras máis longas, loitas e o pentatlón, que comprendía lanzamentos de disco e xavelina, carreiras de campo travesa, salto de lonxitude e loita libre. Máis tarde agregaríanse: boxeo, carreiras de carros e de cabalos con xinetes. Outra das probas olímpicas foron os saltos de lonxitude e unha carreira con armaduras postas.
Desde o punto de vista socio-político, hai que ter presente que durante os séculos VII e VIII a.C., a aristocracia, predominante no conxunto dos estados gregos, vese ameazada pola aparición de forzas novas que tenden a desprazala do poder político e económico, e nese contexto increméntase a resistencia ideolóxica da nobreza. Os Xogos Olímpicos orixínanse pola apertura de diversións, festas e concursos aristocráticos a todas as clases sociais.
A nobreza participa activamente nos xogos, pois os superiores medios de que dispuña qarantizaban a súa preparación e triunfo. Os «agones» (loitadores, competidores) participantes nos xogos, e sobre todos eles o vencedor, encarnan o ideal humano da aristocracia na súa dobre vertente material e espiritual.
Os escultores da época, cuxo tema será moitas veces a figura dos vencedores nos Xogos, imprimen ás súas estatuas (proporcións físicas ideais, aspecto sereno, tendencia idealista) os caracteres do nobre.
Contar a gloria dos vencedores, a glosa das súas calidades, a fama alcanzada, convértense en obxecto de poesía. E é que na antiga Grecia de pouco servía ter éxito nas competicións deportivas se o nome do vencedor e os seus triunfos non era difundidos e coñecidos polos demais a través do canto dos poetas, as estatuas conmemorativas e as inscricións públicas que celebraban as súas vitorias. Os vencedores encargan a afamados poetas a composición de poemas, chamados “epinicios”, himnos personalizados para o atleta gañador que eran cantados en directo por un coro.
Xogos Olímpicos poesía, escultura, manifestacións prestixiosas da cultura grega, responden durante longo tempo (até o final da época clásica) aos ideais, aspiracións e obxectivos das clases aristocrática»
A orixe moderna dos actuais Xogos Olímpicos empezou a xestarse no ano 1894, cando o francés Pierre de Frédy, coñecido como barón de Coubertin fundou o Comité Olímpico Internacional (COI), órgano que desde entón coordina o movemento olímpico internacional.
A primeira edición tivo lugar en Atenas, en 1896, e neses xogos participaron só 245 atletas, de 14 países, que participaron en 9 disciplinas diferentes. A partir de aí, o número foi crecendo, incluíndo ás mulleres, que competiron por primeira vez nos de París 1900 aínda que só nalgunhas modalidades.
Os Xogos Olímpicos celébranse cada catro anos en diferentes cidades do mundo. Só nas edicións de 1916, 1940 e 1944 non se celebraron debido ás Primeira e á Segunda Guerra Mundial. Cada Olimpíada tivo características propias e non foron alleas ao que sucedía na sociedade.
A Gran Depresión afectou aos de 1932, o réxime nazi liderado por Adolf Hitler aos de Berlín en 1936. Despois do parón de 1940 e 1944 pola Segunda Guerra Mundial, prohibiuse aos deportistas alemáns acudir aos de Londres 1948.
En 1952 debutaron a Unión Soviética e Israel, nos de 1972 produciuse “o masacre de Múnic”, en Moscova 80 houbo o famoso boicot de Estados Unidos e outros 65 países, mentres que en Los Ángeles foron os rusos os que devolveron a moeda xunto a 13 dos seus aliados comunistas.
Os de Barcelona, en 1992, foron un éxito rotundo e deron paso a unha maior profesionalización. Na actualidade, case todos os países están representados e a dimensión do evento é descomunal. Río 2016 non será unha excepción.
E para rematar esta entrada, cabe falar dos Xogos Olímpicos de inverno que empezaron a celebrarse no ano 1924. Na actualidade, celébranse olimpíadas de verán, dous anos despois olimpíadas de inverno, dous anos despois olimpíadas de verán… e entre cada tipo de olimpíada pasan 4 anos. Tamén cabe lembrar a existencia dos Xogos Paralímpicos para atletas con algún tipo de discapacidade e os Xogos Olímpicos da Mocidade para atletas adolescentes.