Nesta entrada de hoxe non usartemos contido histórico, senón mitolóxico. A nós, sendo naturais e veciños da cidade da Coruña, Hércules e toda a mitoloxía que se desenvolve ao redor del, é algo que nos resulta do máximo interese pola súa asociación coa Torre de Hércules, declarada Patrimonio hai 10 anos
Un dos máis soadas pasaxes da mitoloxía grega, é o que narra os doce traballos que Hércules, ou Heracles.
Segundo a lenda Hércules foi un fillo bastardo de Zeus, o que provocou que a súa muller Hera tolease, inducindo a Hércules a acabar coa vida dos seus propios fillos e dous dos seus sobriños. Ao recuperar a consciencia, e tomar razón do que fixera, ao non poder soportar a pena marchouse a vivir en soidade a unha terra fría. Tempo despois, o seu irmán, Íficles, convenceulle para que fose consultar ao o seu destino ao Oráculo de Delfos. Nel, a sibila informoulle que, como penitencia pola súa terrible acción, debería de levar a cabo doce traballos (nun principio só se lle ordenou realizar 10, pero como contou coa axuda do seu sobriño Yolao, engadíronselle dous máis); estes, serían dispostos por Euristeo, que resultaba ser a persoa máis odiada por Hércules, xa que lle usurpou o dereito ao trono que lle pertencía.
Os doce traballos que se lle encargaron foron os seguintes:
1. Matar o león de Nemea e tomar a súa pel.
Dicíase que a pel do león era invulnerable. Pronto Hércules descubriu que as súas frechas non podían atravesar a carne do león; aínda e así, ideou un plan para matalo. Seguiuno até unha cova, onde bloqueou a entrada para así poder agarrar ao animal e estrangulalo coas súas propias mans. Logo empregou horas tentando quitarlle a pel ao león sen éxito. Por fin Atenea, disfrazada de vella bruxa, advertiulle que as mellores ferramentas para cortar a pel eran as propias garras do león. Desta forma, conseguiu a pel do león, que desde entón vestiu a modo de armadura. Coa morte do león de Nemea, Hércules conseguiu a invulnerabilidade e aos poucos vaise convertendo en Deus.
2. Matar á hidra de Lerna.
Neste traballo o que necesitou non foi tanto a sabedoría, senón o valor. Hércules combateu con ferocidade a hidra coa súa extraordinaria forza. A hidra era un antigo e desapiadado monstro acuático con forma de serpe policéfala e alento venenoso. A súa gorida era o lago Lerna. Cando lle cortaba unha das dúas cabezas, saíanlle dúas máis no seu lugar. Para contrarrestalo, Hércules indicoulle a Yolao, o seu sobriño, que queimase o toco dos pescozos da hidra axiña que como el decapitásea. Aínda que Hércules completou a tarefa, a axuda do seu sobriño anulouna.
3. Capturar á cerva de Cerinia.
O terceiro traballo foi conseguir a cerva de Cerinia e chegala a Micenas para entregarlla a Euristeo. A cerva tiña pezuñas de bronce e os cornos de ouro. Estaba consagrada a Artemisa xa que era unha do cinco cervas que a deusa tentara capturar para enganchalas ao seu carro e fora a única que lograra escapar. Hércules tivo que perseguila durante un ano enteiro ata que a cerva cansouse. Entón, o semidiós puido ferila o suficiente como para poder levarlla para falar con Diana. Temendo a ira da deusa, Hércules pensou que era máis intelixente explicarlle a súa situación e pedirlle axuda. Diana permitiulle a Hércules levar a cerva despois de curarlle as feridas para que así sobrevivise.
4. Capturar ao xabaril de Erimanto.
Esta foi unha das tarefas máis sinxelas, xa que puido atrapalo rapidamente e levalo a Micenas. Este perverso xabaril era o símbolo vivente de todas as baixas paixóns animais.
5. Limpar os establos de Augías nun día.
Euristeo asignou esta tarefa para humillar e ridiculizar a Hércules. Debía limpar os cortellos de Augías nun só día. Estes cortellos tiñan esterco acumulado durante anos, e a manda era bastante numerosa. Hércules logrou cambiar o curso de dous ríos, o Alfeo e o Peneo, e desvialos directamente cara aos cortellos, para limpar a área. Este foi o segundo traballo anulado, argumentando que o traballo non o fixo el, senón os ríos.
6. Matar os paxaros del Estínfalo.
Estes paxaros eran feroces, tiñan picos, ás e garras de bronce, e alimentábanse de carne humana e eran as mascotas de Ares, o deus da guerra. A misión non resultaba nada fácil xa que as aves eran demasiadas para as súas frechas e a súa lendaria forza non lle servía de nada. Entón apareceu Atenea e socorreulle dándolle un cascabel de bronce e mandoulle a que o tocase desde un outeiro elevado. Ao facelo, as aves asustadas emprenderon voo e nunca máis se lles volveu a ver no bosque e o lago. Moitas delas foron derrubadas polas frechas de Hercules e as que conseguiron escapar fuxiron cara á illa de Ares no Mar Negro onde foron atopadas anos despois polos Argonautas.
7. Capturar ao touro de Creta.
Esta foi unha das tarefas máis fáciles que Hércules tivo que completar. O deus Poseidón enviou ao touro para aterrar á poboación de Creta, despois que o rei Minos non o sacrificase, tal e como prometera. O touro foi encerrado nun labirinto debaixo a cidade, así que Hércules só tivo que dominar á besta cunha técnica de asfixia.
8. Roubar as eguas de Diomedes.
As eguas de Diomedes alimentábanse de seres humanos. Hércules tivo que combater un grupo de atracadores antes de completar a tarefa, o que resolveu sen problemas.
9. Roubar o cinto de Hipólita.
Hipólita era a raíña das amazonas, un grupo feroz de mulleres guerreiras. Hércules puido falar facilmente con Hipólita para que lle entregase o cinto; con todo, Hera suscitou problemas entre as amazonas, levándoas a unha gran batalla, que Hércules puido evadir, fuxindo co cinto.
10. Roubar o gando de Gerión.
O monstro Gerión era unha besta con tres cabezas e múltiples corpos e brazos. Hércules #matar o monstro grazas ao sangue da hidra Lerna que colocou nas súas frechas. Hércules puido facerse co gañado pero Hera escorrentouno, así que o semidiós tivo que reunilo de novo para acabar o seu traballo.
11. Roubar as mazás do xardín das Hespérides.
As mazás das Hespérides estaban protexidas polas ninfas. Atlas era o pai das Hespérides, quen estaba forzado a soster eternamente o mundo sobre os seus ombreiros como castigo por desafiar os deuses durante a súa guerra cos titáns. Hércules, coa súa incrible forza, díxolle a Atlas de substituílo por un espazo curto de tempo para que fóra a visitar á súa familia, a cambio das mazás. Cando Atlas regresou coas mazás, negouse a volver á súa posición. Hércules burlouse del e conseguiu que ocupase o seu sitio de novo.
12. Capturar nos infernos a Cerbero.
O último traballo de Hércules foi capturar a Cérbero, o can de tres cabezas de Hades. Esta tarefa requiriu que Hércules viaxase até o inframundo, onde obtivo o permiso de Hades, deus dos mortos, para levar a Cérbero cunha condición: que o conseguise sen usar armas. Hércules, como en moitas outras ocasións ao longo da súa misión, puido dominar á besta coas súas propias mans.
E cómo se vincula esta mitoloxía grega coa cidade da Coruña?
A orixe atópase no escrito polo rei Alfonso X o Sabio (1252-1284) quen no seu Estoria de Espanna conta como o heroe Hércules construíu un enorme o faro para conmemorar a súa vitoria sobre o xigante Gerión. Contan as historias antigas que as terras que hoxe conforman Galicia estaban baixo o mandato dun rei cruel, Gerión, rei de Brigantium. O seu tamaño era propio de xigantes, o que unido á súa querenza por atemoriza ao pobo e esixirlles tributos, provocou que o pobo ao decatarse das fazañas de Hércules, cominárono a enfrontarse a Gerión no que hoxe é a cidade da Coruña. Segundo a lenda, o lendario heroe grego enfrontouse ao rei durante tres días e tres noites, ao cabo das cales Hércules venceu ao xigante, cortou a súa cabeza e enterrouna xunto ao mar. Para conmemorar a súa vitoria construíu sobre o túmulo unha torre-faro e nas proximidades do mesmo fundou unha cidade á que lle deu o nome de Crunia, como recordo da primeira muller que habitou este lugar e da cal o heroe se namorou.
Desde 1.448 no escudo da Coruña aparecen representadas a Torre de Hércules e a caveira do tirano Gerión.
Non é esta a única lenda sobre a construción da Torre de Hércules, pero falar delas e da historia realmente constatada farémolo noutra entrada.