Achégase a celebración da XXV edición da Feira dás Marabillas, mercado de recreación medieval, que se celebrará na cidade da Coruña entre os días 23 e 28 de xullo.
O precioso marco da zona vella da cidade, coas súas fermosas rúas, a animación que confire o gran número de postos de artesáns e as numerosas actividades previstas, dotan a este evento dun atractivo indubidable.
Deixámosvos neste ligazón o programa de man da Feira dás Marabillas 2019: ProgramaFeiraMarabillas2019
Como poderedes observar, a animación será continua, con actuacións musicais, acróbatas, representacións teatralizadas, momentos para o humor, numerosos postos gastronómicos, pasacalles, xogos infantís no Recuncho dás Pícaras, e mesmo representacións de Concello Aberto (sistema de organización municipal no que pequenos municipios e as entidades de ámbito territorial inferior ao municipio que non alcanzan un número significativo de habitantes réxense por un sistema asembleario que fai as veces de pleno do concello. Ten a súa orixe no século IX) na Igrexa de Santiago.
Podedes atopar algo máis de información consultando a nosa crónica da edición 2018.
Para os máis interesados nas reviravoltas históricas, deixámosvos algúns datos sobre a orixe da cidade e a Feira.
A Carta Poboa, Carta de Poboación, Privilexio de Población é a denominación do documento polo cal os reis cristiáns, señores laicos e eclesiásticos da península ibérica outorgaban unha serie de privilexios a grupos poboacionais, co fin de obter a repoboación de certas zonas de interese económico ou estratéxico durante a Reconquista. Constituíu a primeira manifestación de dereito local aparecida durante aquel proceso.
No caso da Coruña foi concedida no ano 1208 por Alfonso I, Rei de León (1171-1230) buscando a fundación e repoboación da pequena vila de torre de Faro.
En canto á realización da Feira, teremos que viaxar até o ano 1502, un ano de especial relevancia para a cidade, pois foi pasto dun terrible incendio que arrasou as vellas casas de madeira que conformaban o centro histórico da vila na denominada Cidade Vella. Os coruñeses desesperados pediron axuda á coroa de Castela, da que a cidade era realengo (cualificación xurisdiccional que teñen os lugares dependentes directamente do rei), alcanzando a concesión por parte do Rei do privilexio de realizar unha Feira Franca anualmente, cunha duración dun mes e que tería lugar entre os días 15 de xullo e 14 de agosto.
Por iso os antecedentes da actual festa hai que entendelos no marco de recreación da devandita Feira, tendo a primeira edición no ano 1993.
Ah, e como a mellor maneira de vivir a historia é mergullarse nela, non hai nada como caracterizarse e vestirse ao uso medieval. Na Coruña, a nosa amiga Guadalupe, de trajemedieval.com, terá un lugar de punto de venda de preciosos traxes e complementos. Podédela atopar na Praza da Galera, 34 – baixo 2, Enmma&Co, preto da Rúa Real. Animarvos!!