Na Europa medieval críase que o contacto cos restos de santos ou do mesmo Cristo tiña virtudes sanadoras e espirituais. Por iso é polo que desenvolveuse un intenso tráfico de reliquias, no que non faltaron os casos de fraude e de roubo. A situación chegou a extremos disparatados, que non resulta estraño que fose un dos aspectos criticados pola Reforma no século XVI.
Si acudimos ao dicionario da RAE, vemos que define a reliquia como “parte do corpo dun santo” ou “aquilo que por tocar o corpo dun santo é digno de veneración”. Desde moi antigo, tamén se aplicou aos restos e todo o que se relacionou cos apóstolos, Xesucristo ou a Virxe María e outro tipo de entidades sagradas. Pero máis aló desta definición, si visitamos as igrexas católicas atopámonos cun catálogo de anatomía bastante completo. Estes anacos de santos gardábanse en relicarios, que podían ser desde unha caixa, a un busto con algún tipo de caixón para gardar os ósos. Estes relicarios adoitaban estar nas sancristías das igrexas ou nas habitacións nobres da casa do seu posuidor.
O valor destas reliquias residía en que os habitantes da Europa Medieval pensaban que estes artigos tiñan propiedades curativas e milagrosas, ademais de aportar certo prestixio aos seus posuidores. Posuír unha reliquia era visto como un símbolo de poder, tanto para unha igrexa como para un particular, e á calor desa demanda que non paraba de crecer aflorou o tráfico de partes de corpo de santos por toda Europa. De feito, e por poñer un exemplo, hai ata dezaseis cránios e dezaoito dedos de San Xoan Bautista.
Desde os primeiros tempos, a relixiosidade cristiá, sobre todo a máis popular, tratou de apoiarse en elementos máis ou menos tanxibles que reforzasen a fe: edificacions, imaxes, milagres, reliquias,…
Os pícaros afloraron, as reliquias multiplicáronse ad infinitum e o seu tráfico converteuse nun lucrativo negocio, ata que a Igrexa viu a que se lle viña encima con tanto tráfico, roubo e falsificación de reliquias que no ano 1215 dedicou o IV concilio de Letrán a esixir un “certificado de autenticidade” das reliquias.
Os corpos dos santos podían ser desmembrados para que cada igrexa posuíse deste xeito unha man de san Xouan Bautista, unha moa de santa Apolonia ou uns ósos de san Epifanio. Catedrais, basílicas e ermidas edificábanse sobre as tumbas ou as reliquias sagradas.
Reis, papas, príncipes e nobres eran os que tiñan máis acceso a estas insólitas reliquias e utilizábanas para curarse a si mesmo ou aos seus familiares.
Como non hai moitos santos no calendario (e na Idade Media eran menos aínda), se amañaron métodos para producir máis material susceptíbel de converterse en reliquia.
Pensemos no caso de Santiago de Compostela e de Roma, onde se atopaban os restos favoritos, os dos apóstolos (Santiago por unha banda, Pedro e Pablo polo outro), e darémonos conta da importancia das reliquias nesta época no económico, o social e o político. Por non falar do templo que preside a praza de San Marcos en Venecia, que foi levantado expresamente para albergar os supostos restos do evanxelista, adquiridos por dous mercadores venecianos no ano 828 en Alexandría.
Non é raro que este gran fervor polas reliquias fomentase as disputas entre distintas comunidades, como sucedeu coas cidades Poitiers e Tours, que mantiveron unha longa liorta pola posesión do corpo de san Martín. Ata fomentou roubos, como os do arcebispo galego Diego Xelmírez, que subtraeu as reliquias de San Fructuoso, San Cucufate, San Silvestre e Santa Susana, e trasladounas de maneira furtiva desde Braga ata Compostela. Ou o furto en Alexandría do corpo de san Marcos por parte dos venecianos.
Nun principio, o único xeito de atender a crecente demanda de reliquias foi a fragmentación. Aínda que houbo certa resistencia nun primeiro momento, a fragmentación dos restos era xa unha práctica frecuente en Oriente no século IV. Máis tarde propagaríase por Occidente. Os restos repartíanse en múltiples relicarios e así chegaban a todos os recunchos de Europa.
A procura de novas reliquias volveu común a inventio, a revelación divina do lugar onde descansaban o corpo dun santo. En calquera lugar no que os romanos perseguisen aos primeiros cristiáns, alguén tiña un soño revelador ou unha aparición que lle sinalaba a tumba do mártir. E alí descubríanse os seus restos. Logo trasladábanse a sua localización definitiva e ao pouco comezaba a obrar milagres, o que demostraba a sua autenticidade. E a noticia difundíase.
Para esas datas existía xa un auténtico tráfico de reliquias. No século IX, o diácono Deusdona creou, ata, unha asociación para vendelas e para exportalas fóra de Italia. Ninguén tiña en conta a prohibición que o papa Gregorio Magno promulgara uns séculos antes. O mercado seguía crecendo, pero a materia prima escaseaba. Ademais, si as reliquias dos primeiros tempos tiñan unha autenticidade máis ou menos contrastada (eran os corpos recolleitos e depositados en criptas), co paso dos séculos volveuse difícil saber si uns restos pertencía de verdade a un mártir. Isto fomentou a aparición da fraude.
Xa habemos visto que a obsesión polas reliquias empuxou nalgunhas ocasións ao roubo. Pero si houbo un negocio turbio en torno a elas, foi o das falsificacions. Conforme avanzaba a Idade Media, non só empezaron a duplicarse e repetirse as mesmas reliquias en distintos lugares, senón que xurdiron algunhas que poñían a proba a intelixencia antes que a fe. A Cristiandade foise enchendo de reliquias absurdas. Velaquí algúns exemplos: os restos do cordeiro que pastaba xunto ao Santo Sepulcro, un puñado de terra de onde Xesús rezou o Pai-noso, un esbirro do Espírito Santo, leite da Virxe, restos do maná que Deus enviaba aos hebreos ou o cráneo de san XJuan ¡de cando tiña 12 anos! Vese que o mudaba ao crecer, como os dentes.