O termo olmeca foi acuñado polos arqueólogos no século XX para referirse aos característicos vestixios desta cultura. A palabra olmeca significa en lingua náhuatl “xente do país do hule (goma)”. Este nome relaciónase coa existencia na zona de árbores dos que extraían o látex. Non se sabe como se chamaban a si mesmos, só chegounos o nome co que os aztecas se referían aos olmecas.
Non foi ata o século XIX, co desenvolvemento da arqueoloxía exipcia, que Akenatón volveu saír á luz. As ruínas de Amarna, os relevos da súa familia e, especialmente, o achado das cartas de Amarna, permitiron reconstruír aspectos fundamentais do seu reinado.
A influencia de Sumeria nas civilizacións posteriores é incalculable e pódese rastrexar en diversas áreas da vida humana. A súa pegada é indeleble na historia da humanidade.
A análise do Urco galego, como calquera outra manifestación da cultura popular de tradición oral, evidencia unha riqueza cognitiva que, aínda que poida parecer estraña e afastada na actualidade, resulta de gran axuda para interpretar os mecanismos que integran o funcionamento da nosa sociedade a todos os niveis (social, económico, ideolóxico, relixioso, cultural) e, por suposto, a que un día deu sentido á súa existencia e recreou os seus relatos para comprender mellor o mundo no que vivía.
Aínda que hoxe en día considéranse bárbaras e supersticiosas, no seu momento, as ordalías foron vistas como unha maneira lexítima de buscar a verdade en ausencia de evidencia concreta, ofrecendo un fascinante estudo sobre como as sociedades humanas han loitado cos conceptos de xustiza, inocencia e culpabilidade ao longo da historia.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.