Xa temos a programación de actividades que terán lugar na celebración da Feira histórica de Arteixo 1900, na sua XX edición.
Xunto coa danza, que seráo fío conductor desta edición, o programa completáse con un ampro abano de actividades como: o mercado histórico, os xogos tradicionais e populares, a inevitable taberna de Picadillo, o fútbol de época ou a concorrida cea baile volven un ano máis para protagonizar un dos eventos festivos marcados con tinta especial no calendario de Arteixo.
O programa, de tres días devenvolverase durante os tres días do próximo fin de semana, 18, 19 e 20 de outubro. Comeza o 18 de outubro coa apertura do tradicional mercado de 1900 e pasarrúas. Haberá animación toda a tarde no entorno do paseo fluvial coa música e o baile como protagonistas e a participación de grupos como Tropicalia, Andhrea and The balck cats ou The Nart que ofrecerán un concerto de Hard Blues a partir das doce da noite.
Desde o Concello informase que, como en edicións anteriores, esta edición da Feira contará cun punto violeta contra as agresións machistas. Estará situado xunto á carpa da Praza do Balneario, e se repartirá información sobre igualdade o sábado entre as 22.30 e as 2.30 h.
Aquí tedes o programa oficial:
Ademais, aquí deixámosvos un vídeo
Orixe da información: http://www.arteixo.org/gl/noticia/danza-sera-o-fio-conductor-dunha-nova-edicion-da-feira-arteixo-1900