O Camiño de Santiago, convertido nun auténtico e asentado fenómeno que transcende á orixe relixiosa que o vise nacer, alcanzou tal dimensión que a súa vixencia xera múltiples impactos de índole cultural, social e económico. Basta con botar unha mirada en internet para comprobar a enorme oferta de guías, publicacións, opinións, infraestructuras para o aloxamento, a manutención, os traslados, … a organización de grupos, apoios, asesoramento, etc.
E é que o Camiño xa non só é de índole espiritual, perdóenme o atrevemento, pero converteuse xa en moitas outras cousas, segundo o destinatario que se identifique con algúns dos beneficios que se lles atribúe: un reto, unha aventura, unha forma de coñecer pobos, xentes e culturas, un xeito de facer pequeno turismo, un pretexto para xuntarse un grupo de amigos ou coñecidos e vivir uns días xuntos, o obxecto dunha promesa, de curiosidade, de procura espiritual, persoal ou vaiche ti a saber que, ata se converteu, á vista dos numerosos camiñantes de idade avanzada, no camiño do colesterol.
Pero o Camiño ten unha historia, real ou inventada, épica ou treatralizada na porcentaxe que cada un considere, pero sen dúbida o Camiño foi, é e seguirá sendo testemuña da evolución (?) da nosa civilización. Por iso, con esta entrada, só pretendemos facer unha pequena exposición das súas orixes, porque nunca se debe perder a perspectiva de onde nace e provén canto coñecemos.
O trazado do Camiño é, hoxe en día, case exactamente o mesmo polo que durante un milenio foi a principal vía de entrada e comunicación de romanos, árabes, godos, peregrinos, maragatos, carlistas, hippies ou yuppis, entre outras tribos.
Do mesmo xeito que sucede en moitos outros aspectos presentes na nosa vida cotiá, resulta moi difícil explicar en pleno século XX un fenómeno como o da “Peregrinación” que está máis próximo á mitoloxía que ao rigor histórico. Para entender o significado do descubrimento da suposta tumba do apóstolo Santiago nunha afastada aldea de Galicia, e o inicio das peregrinacions desde toda Europa, é necesario realizar unha viaxe polo tempo e situarnos no remoto ano 813.
Naquel ano, a invasión musulmá prácticamente consolidada na península ibérica e os minúsculos reinos cristiáns do norte, repartíanse todo o territorio español. E é entón cando sucede un feito que marcaría o devir dunha morea de acontecementos: un pastor da remotísima Gaellecia, chamado Pelayo (ou Paio), que vivía nun monte ao pé dun castro abandonado, afirma ver a luz dunha estrela sobre a fraga sinalando un túmulo no monte Libradón, lugar no que máis tarde xurdiría Compostela. Pelayo, deduciu que o fenómeno era un aviso do ceo. Ao decatarse o Bispo da diócese de Iria Flavia, chamado Teodomiro, quen mandou rozar o monte, dando así lugar ao descubrimento dun arca de mármore nun vello templo de pedra que estaba no medio dun cemiterio. O templo parecía da época romana e tiña dúas plantas. A superior cunha capela, en cuxo altar consevaxe o Mosteiro de San Paio de Altealtares de Compostela. Na de abaixo había tres corpos, sobre os cales Teodomiro, a falta de forenses, seguramente por revelación divina, anuncia que os restos alí atopados pertencían a Santiago e dous discípulos. Así naceu o mito.
Alfonso II, o rei nese momento, ordena edificar sobre o sepulcro unha sinxela igrexa de mampostería e barro. Iniciábase desta forma a chegada masiva de visitantes á tumba do Apóstolo. Os primeiros en chegar foron os francos e os habitantes de Centroeuropa.
Pero un novo feito, xa o 23 de maio do ano 844, apontoa a historia (ou mito) de Santiago y sucedeu nas llanuras de Clavijo, localidade próxima a Logroño: o rei Ramiro I de Asturias enfrontouse ás tropas musulmás de Abderramán II en clara desventaxe numérico. Entre o fragor das espadas e lanzas, o apóstolo Santiago fixo a súa aparición a lombos dun corcel branco, repartindo mandobles a torto e a dereito sobre as tropas mouras.
O papa Calixto II icreou no ano 1122 o Ano Santo Xacobeo, decisión que coa tomada por Alejandro III en 1179 outorgando indulxencia plenaria a quen visitasen o templo compostelano os anos en que o 25 de xullo (día de Santiago) coincidise en domingo, darían o impulso definitivo ao desenvolvemento desta ruta de peregrinación.
Doutra banda, o máis famoso de todos os libros de viaxe que falaban sobre o Camiño de Santiago foi o, escrito por Aymeric Picaud que realizou o “Codex Calixtinus”, unha “Guía do peregrino medieval”, detallando o Camiño Francés con todo luxo de detalles en topónimos, costumes, lugares, xentes, paisaxes, comidas, hospitais, igrexas e perigos.
Ao longo de tantos séculos de peregrinacións xerouse un gran número de publicacións e anécdotas, así como construído numerosas lendas. Entre estas últimas destaca a de Santo Domingo da Calzada que conta como un día chegou á pousada da localidade rioxana de Santo Domingo un matrimonio alemán, que peregrinaba co seu fillo. A pousadeira, encandeada co mozo, tratou de seducirlle, pero el non se deu por aludido (o que confirma que non era español). Ofendida, a criada puxo un cáliz de prata no seu zurrón e denunciouno. Foi atopado culpable e aforcado ao día seguinte. Os pais continuaron a viaxe aflixidos, pero de regreso viron que o corpo do seu fillo colgaba aínda vivo da soga: o santo suxeitábao polos pés. Deron aviso ao correxidor que estaba comendo neses momentos. Ante a narración do que viran os pais, o correxidor respondeu: “O voso fillo está tan vivo como esta galiña que me estou comendo”, momento en que o ave saltou do prato. De aí o devandito “Santo Domingo da Calzada, onde cantou a galiña logo de asada”.
En canto aos diferentes Camiños, soamente o Camiño Francés ten realmente unha importantísima tradición Xacobea. Esta ruta coñeceu tres nomes distintos: Calzada de Santiago, o Camiño de Santiago (Vía Pública Sancti Jacobi) ou Camiño Francés.
E finalizamos esta entrada, coas palabras coas que o Códice Calixtino refírese á entrada en Galicia:
“vén a terra dos galegos. Pasados os confíns de León e os portos dos montes de Iroga e O Cebreiro. É unha terra frondosa, con ríos, prados, de extraordinarios verxeles, bos froitos e clarísimas fontes, pero escasa en cidades, vilas e terras de labor”.