A estigmatizada gordura da nosa sociedade actual non sempre tivo a consideración dunha patoloxía con graves riscos para a saúde e de estética discutible. Así, dependendo do momento histórico houbo épocas en que estar gordo era considerado un motivo de orgullo e un reflexo do éxito social.
Na Idade Media cando as fames negras axexaban á poboación, a gordura era sinal inconfundible de riqueza mentres que a delgadez asociábase á pobreza. A grandeza dos banquetes dos grandes señores eran unha manifestación de poder, proba diso chegáronnos a nós grandes retratos como o do francés Luís o Gordo ou o inglés Enrique VIII de Holbein.
A literatura reflectiu a idea da felicidade coa comida e o descanso. De aí as frases que chegaron ata nós de “vive como un cura” que deriva dos antigos mosteiros que representaban a abundancia da Igrexa cos seus monxes rubicundos e oriondos que lucían unha prominente barriga gañada a través do descanso e o bo “Yantar”.
Tamén as mulleres aspiraban a ter unha imaxe rolliza. Quen o ía a dicir hoxe en día!. A beleza era representada na muller con carnalidade exuberante asociándose a flacura coa tristeza e a avaricia. Lembremos que as cadeiras anchas e os seos abundantes asociábanse coa maternidade. Desta maneira o sobrepeso feminino era asociado á saúde e ao atractivo sexual no barroco (fronte á estilización da arte grego). Proba diso atopámolo nas famosas pinturas da época como “as tres grazas” de Rubéns para o que utilizou como modelo á súa segunda esposa, Helene Fourment e ás súas irmás. Nesta pintura queda en evidencia a fisonomía carnosa reproducida con extremo realismo.
Non debemos esquecer tampouco as representacións dos “Putti”, motivos ornamentais de nenos, frecuentemente espidos e alados en forma de querubín, anxelote ou amorcillo que triunfan durante o renacemento e o barroco e que podemos atopar en múltiples igrexas e catedrais da época. Estes anxeliños representanse entradiños en carnes por entender que os infantes regordetes eran sanotes, fermosos e anxelicais.
A gordura como reflexo de status elevado mantívose nos séculos XVI e XVII en parte debido a que as clases altas alimentábanse, fundamentalmente, de carne.
Con todo non sempre a gordura foi vista como un reflexo do “éxito” nin en todas as épocas históricas encomiouse como símbolo de beleza. Tamén a relixión tivo algo que dicir respecto diso e influíu na conceptualización da gordura ao tratar o pecado da gula.
Na Grecia Clásica, valorábase o corpo delgado, sendo sinónimo de saúde. Considerábase á obesidade como un defecto físico e mesmo mental.
Os Espartanos eran aínda máis estritos respecto as persoas obesas. Cada mes revisaban aos mozos, e aqueles que subiran de peso obrigábaselles a baixar de peso seguindo un ríxido programa de exercicios.
Pola súa banda, no Imperio Romano a obesidade era mal vista, as mulleres da clase alta pasaban fame para lograr un corpo delgado. Os homes eran máis tentados, e gozaban de grandes e suculentas comidas. Para poder comer máis e evitar a gordura que este exceso de comida podíalles producir, era frecuente o acto de vomitar a comida inxerida cara a uns canlóns que atravesaban a zona de banquetes e que foron construídas especialmente para tal propósito.
Na Idade Media, a Igrexa católica adxudicou á glotonería como pecado venial. Con todo os artistas fixeron caso omiso e pintaban como algo fermoso un corpo obeso. Foi no século XIII, cando o Papa Inocencio III, insistiu no pecado da gula e recriminou a todos os sacerdotes e monxes obesos. Iniciouse entón a penitencia de longos períodos sen comer, cos que lograron eliminar o exceso de graxa do corpo.
Xa no século XIX os canons de beleza, aínda que repudiaban a delgadez extrema, enxalzaban as siluetas esveltas e elegantes. A moda tendía ao axustado. As mulleres eran torturadas con corpiños, faixas e xustillos que estreitaban a súa figura.
Na década actual os canons de beleza son representados por corpos esveltos, estilizados e atléticos, converténdose a gordura nun problema de saúde pública que afecta, fundamentalmente, aos pobres nos países ricos e aos ricos nos países pobres.
Por tanto na evolución da historia vemos como a gordura pasou de representar o éxito social a converterse nun problema de saúde.