Un ano máis, e con esta, a do 2018, xa son nove edicións de o “Feirón Medieval dos Andrade” (cuxo debut tivo lugar no ano 2010) celebradas no fermoso municipio coruñés de Pontedeume.
E como é costume, a programación de actividades estaba pensada, como debe de ser, para nenos e adultos, potenciando así o carácter de goce intergeneracional que teñen este tipo de eventos.
Pontedeume é unha vila costera de orixe medieval, fundada por Alfonso X O Sabio en 1270. Atópase a medio camiño entre as cidades de Ferrol e A Coruña.
Pontedeume un pobo marcado por multitude de revoltas na Idade Media, baixo o apelido dos Andrade, con numeroso patrimonio medieval. Castelos, Torres, Pontes e Igrexas. Unha terra con cultura ancestral e unhas paisaxes infinitas, de Fragas bañadas polo Eume.
A súa historia, remóntase a antes da construción polos romanos, da Ponte de madeira do que toma o seu nome. Unha historia dun Cabaleiro Medieval, que axudo a enriquecer este pobo a beiras do Río Eume e a ladera do Monte Breamo.
Na celebración da edición 2018, celebrada entre os días 29 de xuño e 1 de xullo, nuevamente a festa tivo como epicentro o fermoso casco vello da antiga fortaleza. Polas súas rúas pasearon monstros e xigantes, dando así un ton diferente e atractivo que daba colorido e vida a canto alí acontecía. Os residentes e numerosos visitante, moitos deles caracterizados de época gozaron, sen dúbida, duns días de lecer, entretenimiento e unha “lixeira” inmersión no mundo medieval.
Como é habitual, un amplo abanico de actividades, animaron as súas rúas e os mercadillos, que acolleron actividades artesanas e de gastronomía. Os máis pequenos dispuxeron dun espazo infantil na Praza de San Roque. E para todos, os espectáculos de música e teatro polas rúas da vila, exhibicións de voo de cetrería, de esgrima antigo ou un xuízo de bruxas, a teatralización dunha venda de escravos ou unha exhibición de tiro de arco, entre outros, garantiron o entretenimiento nun ambiente medieval, reforzado polo fermoso escenario que brinda a vila de Pontedeume.
Sirva esta entrada, como mera presentación deste evento, deixando para outras, nun futuro inmediato, nas que ampliaremos a información sobre Pontedeume, o seu rico patrimonio e beleza, así como información sobre as próximas edicións do “Feirón”.