En Porto do Son, vila costera do Barbanza, na provincia da Coruña, vénse celebrando desde o ano 2008, a “Feira Celta de Porto do Son”, evento que xa se pode considerar consolidado no panorama de festas de recreación histórica no noroeste peninsular.
A edición 2018, tivo lugar os días 27 a 29 de xullo, e como sucedendo ano tras ano, presenta un salto cualitativo e cuantitativo indubidable. Froito diso, vénse producindo un incremento na afluencia de público; público que aínda, na súa maioría, ten que animarse a caracterizarse con vestimentas e complementos da época, para sentirse así como personaxes activos deste fermosa Feira.
O marco incomparable dunha vila pequena, pero moi acogedora, cunha gastronomía tradicional e cun produto de extraordinaria calidade, así como a proximidade das praias, do Castro de Baroña, etc, a máis diso as múltiples posibilidades de lecer, deporte, natureza, diversión que ofrece esta ría, conforman un gran conxunto de atractivos e argumentos, máis que suficientes, para achegarse ata alí.
Con cada vez maiores actividades amenizadoras, espectáculos e atraccións, tanto os maiores como os máis novos atoparon nesta Feira un complemento ideal á oferta comercial que nos fan os máis de 100 postos nos que os artesanos sitúan as súas mercancías.
Nós este ano, lamentablementeno puidemos asistir, xa que as datas coincidían coa Festa de astures e romanos de Astorga, na provincia de León, á que asistimos por primeira vez.
Como é habitual, en posteriores publicacións facilitaremos máis detalles sobre esta Feira e toda aquela información que vos poida resultar de interese e actualidade.