A Feira Celta do Porto do Son, é unha festa especial, que tras varios anos, vai camiño da súa consolidación. Nesta edición, 2019, terá lugar os días 26 a 28 de xullo.
Os máis de 80 postos, tanto de venda de produtos artesanais como de exhibición de diferentes oficios, constituirán o eixo da viaxe ao pasado que Porto do Son realizará o próximo fin de semana no marco do seu gran Feira Celta. Ao redor deste mercado sucederanse diversas actividades lúdicas e de animación rueira, dirixidas a todos os públicos.
A cita arrincará o venres, a media tarde, e prolongarase até ben entrada a noite do domingo. Durante todo ese tempo, grupos de trasgos, druídas, guerreiros, faunos, malabares, feiticeiros e outros seres marabillosos chegados de terras afastadas tomarán a localidade para mergullar ao público nun ambiente máxico, propio de tempos remotos.
Nas rúas nas que instalará o mercado (Trincherpe, Luchana, Camiño Novo, Atalaia, Fernando Fariña, Visitación, España e Rosalía de Castro) soará a música folk e sucederanse espectáculos nos que o lume xogará un papel fundamental.
Dous serán os espectáculos estrela nesta edición da Feira Celta e ambos terán lugar a noite do sábado. O primeiro, Subumbra, será ás 22.00 horas e correrá a cargo de Troula. Estará protagonizado por máxicos seres saídos das sombras da noite. O seguinte, Quimera, arrincará unha hora despois. Está inspirado nunha visión máxica da natureza e realizado por Pablo Méndez.
Os nenos terán o seu propio espazo na feira de Porto do Son. Haberá un campamento con actividades diversas, como loitas de bárbaros, explicacións sobre o uso de armas e talleres. Tamén haberá varios espectáculos de monicreques.
Nesta ligazón deixámosvos o programa de actividades.
ProgramaFeiraCeltaPortodoSon_2019
Ah, e como a mellor maneira de vivir a historia é mergullarse nela, non hai nada como caracterizarse e vestirse ao uso medieval. En Porto do Son nosa amiga Guadalupe, de trajemedieval.com, terá un lugar de punto de venda de preciosos traxes e complementos. Podédela atopar na Rua Camiño Novo, nº 1. Animarvos!!