A asociación de animais, considerados como sacros, cos deuses que conformaron as diferentes culturas ao longo da historia da humanidade, é algo longamente repetido. Con esta entrada facemos un pequeno resumo deste feito, así como unha relación, non con carácter exhaustivo, senón meramente ilustrativo dalgúns dos animais que, con máis asiduidade, foron considerados sagrados. Os…
No marco da serie dedicada ás lendas galegas, e tras as nosas publicacións dedicadas ao Panteón de deuses galegos, o Samaín e as Pedras e rocas na mitoloxía galega, hoxe centrarémonos en San André de Teixido. Témonos que situar en Cedeira, na costa setentrional de Galicia, onde hai unha pequena ermida consagrada a Santo André…
Próximas as datas dos máis afamados sorteos da Lotaría Nacional, consideramos interesante indagar nas orixes deste tipo de xogo do azar. O rei Carlos III promulgou o 30 de setembro de 1763 un Decreto no que declaraba o seu firme propósito de controlar a práctica dos xogos de azar en España: “Prohibo que as persoas…
A estigmatizada gordura da nosa sociedade actual non sempre tivo a consideración dunha patoloxía con graves riscos para a saúde e de estética discutible. Así, dependendo do momento histórico houbo épocas en que estar gordo era considerado un motivo de orgullo e un reflexo do éxito social. Na Idade Media cando as fames negras axexaban…
Seguindo a senda das nosas anteriores entradas adicadas ao Panteón Galaico e a referedia á celebración do Samín, publicadas os días 15 de setembro e 26 de outubro pasados, hoxe imos repasar as lendas relacionadas coas pedras e rocas na mitoloxía galega. A influencia e presenza da pedra, xa desde a era megalítica, está claramente…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.