Entre o amplo e rico patrimonio que podemos atopar en terras galegas, un dos exemplos máis impresionantes está formado polas murallas romanas de Lugo. A cidade de Lugo é unha cidade, da provincia do mesmo nome, en terras de Galicia. Está moi próxima (apenas uns 100 quilómetros) ás cidades da Coruña e Santiago de Compostela.…
Próximo a finalizar o mes de Outubro, en boa parte do mundo ten lugar unha celebración especial: a festa de Halloween, unha festa de orixe pagá que se celebra o último día do mes, o 31 de outubro, e cuxas raíces as podemos atopar nun antigo festival celta, con máis de 3000 anos de antigüidade.…
En primeiro lugar hai que dicir que a historia, por propia definición, comeza coa aparición da escritura. O período previo á aparición da escritura constitúe o ámbito do que se denomina prehistoria. En todo caso, débese ter presente que a escritura é moito máis antiga que o alfabeto. Empecemos estudando a orixe da escritura: A…
En Galicia, terra de brumas e de meigas, a vida e a morte foron sempre da man. Non se pode concibir a vida sen o misterio da morte. Nunha terra onde historicamente imperou o minifundismo e o illamento, a presenza da morte afectaba a todos os membros da parroquia que eran avisados da súa chegada…
Se quixésemos elixir un dos pintores máis controvertidos, o Greco sería un bo candidato. Este pintor, grego de berce, formación italiana e éxito en terras hispanas é, sen dúbida, un dos pintores máis orixinais do século XVI. Quen foi o Greco? O seu nome completo era Doménikos Theotokópoulos, nacido en Candía (hoxe en día:…
Froito dun dos nosos últimos desprazamentos (cumprindo con todas as medidas restritivas vixentes) habemos redescuberto a grandeza do mosteiro de San Pedro de Rocas. Un singular e espectacular recinto, escavado na roca natural, polo que nel non poderemos atopar lixeiras estruturas góticas nin armoniosas proporcións renacentistas. Este antiquísimo mosteiro é un sobrevivente dos recintos que…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.