A Idade Media e as Cruzadas adoitan ir collidas da man. Un cabaleiro templario forma parte de calquera historia medieval, e así aparecen referencias ás cruzadas ou aos monxes-guerreiros en novelas e películas como O reino dos ceos, Robin Hood, O cabaleiro templario, O sangue dos templarios, O Código Dá Vinci, Templario,… Pero que son e como xorden as Cruzadas e as Ordes do Temple?
No século IV o Cristianismo converteuse na relixión oficial do Imperio Romano. Á morte do emperador Teodosio I (ano 395) o Imperio Romano divídese, deixando en herdanza o trono aos seus dous fillos: a Arcadio correspondeulle Oriente e a Honorio Occidente.
Esta división do Imperio desembocou na partición no seo da Igrexa cristiá. A parte occidental, centrada en Roma, converteuse en Católica; mentres que a parte oriental, centrada en Constantinopla, converteuse en Ortodoxa.
Si isto xa supuxo unha lea relixiosa que desembocou nun cisma no ano 1054 derivado das relacións difíciles entre as dúas partes máis importantes da Igrexa universal, a cousa aínda se complicou máis co surdimento do Islam alá polo século VII.
O intento de expansión do cristianismo deu lugar ao nacemento das Cruzadas das que formaban parte brillantes cabaleiros coa misión de salvar os lugares santos dos bárbaros e aseguralos para a peregrinación dos cristiáns. Pero aos ollos dos árabes foi unha invasión de Occidente na que destruían os seus fogares e tomaban ás súas mulleres.
Asi mesmo, a expansión do Islam derivou na ocupación dos Santos Lugares en Palestina, situación que os cristiáns o podían consentir.
Chegados a este punto os árabes en nome da relixión islámica lánzanse á “Guerra Santa” como argumento das súas conquistas, mentres que os occidentais en nome da relixión cristiá, lánzanse ás “Cruzadas”, que é máis dos mesmo pero con distinto nome en honor ao símbolo da cruz que levaban os soldados, como un desexo de recuperar os seus terreos sagrados.
Desde 1099 realizáronse 8 cruzadas a cal máis salvaxe. As ordes relixiosas (monxes guerreiros) as ricas cidades italianas e os señores feudais financiaron gran parte das campañas. Tanta morte non serviu máis que para decimar a poboación europea e enriquecer a uns poucos.
Á marxe do interese relixioso non debe esquecerse o sentido económico destas cruzadas, xa que o dominio do Mediterráneo polos musulmáns facia moi difícil o comercio entre Oriente e Occidente. Así mesmo, desde o punto de vista social, serviron para que moitos cabaleiros desexosos de obter rápidas riquezas, tomasen parte delas.
As principais ordes relixiosas que floreceron durante as cruzadas foron a do Temple, dos Hospitalarios e a Orde Teutónica. Neste enlace podes ler algo mais sobre os templarios en Galicia.
As 9 cruzadas oficiais son as seguintes:
- Primeira Cruzada (1095-1099). Convocada polo Papa Urbano II ao grito de ¡Deus Vult –Dios lo quiere!- para socorrer a Bizancio ameazada polos turcos.
- Segunda Cruzada (1147-1149). Foi motivada pola perda de Edesa (Eúfrates)
- Terceira Cruzada (1189-1192). Motivada por la conquista de Xerusalén por Saladino. Nela participou Ricardo Corazón de León.
- Cuarta Cruzada (1202-1204). Promovida para conquistar Jerusalén.
- Quinta Cruzada (1217-1221). A iniciativa del Papa Inocencio III. A súa finalidade era conquistar Exipto para chegar a Jerusalén. Foi un fracaso.
- Sexta Cruzada (1228-1229). Dirixida polo emperador Federico II, hábil diplomático que recuperou Xerusalén sin emplear as armas. O final da tregua en 1239 supoñería o final da breve recuperación de Xerusalén por parte dos cruzados.
- Sétima Cruzada (1248-1254). Dirixida polo rei francés Luis IX, capturado polos musulmáns e liberado a cambio de varias prazas fortes.
- Oitava Cruzada (1270). Tamén dirixida por Luis IX. O objetivo non era Xerusalén senon Túnez. O obxetive de esta errada campaña militar era a conversión ao cristianismo do emir da cidade e a extensión desta relixión lo territorio limítrofe. A expedición militar fracasou e nela faleceu o monarca francés e fixéronlle Santo.
- Novena Cruzada (1271-1272). Considérase a derradeira gran Cruzada Medieval emprendida. Logo do fracaso de Luis IX de Francia para capturar a cidade de Túnez na Octava Cruzada, o que levou o Príncipe Eduardo de Inglaterra para navegar cara a Acre no que se coñece como a novena cruzada. A Novena Cruzada fracasou en gran parte porque o espírito das cruzadas estaba xa case extinto e polo creciente poder do sultán Baibars e dos Mamelucos en Exipto.
Resumindo, os cristiáns loitaron para recuperar a Terra Santa (Xerusalén) mentres os musulmáns loitaron para manter Xerusalén. Estas guerras ían durar case 200 anos desde o ano 1095 – 1291.
A repercusión das Cruzadas Medievais produciron importantes cambias en Europa que marcaron esta época desde o punto de vista social, político e económico e condicionaron o devir da historia do momento e de épocas posteriores. As súas consecuencias derivaron en:
- A perda de poder dos señores feudais que se viron moi endebedados como consecuencia da súa participación económica en armar aos cruzados. Como as cruzadas fracasaron, como investimento, as súas fortunas víronse minguadas.
- Intenso movemento de persoas polo Mediterráneo, devolveu a este mar o papel relevante que tivera na época do Impero romano.
- Un impulso para o comercio entre Oriente e Occidente sobre todo no seu impacto nos portos italianos de Xénova e Venecia, que se viron beneficiados co embarque dos cruzados incrementando de maneira extraordinaria os seus negocios.
- Un despoboamento das terras do norte de Europa coa partida dos seus habitantes.
Especial mención merecen as cruzadas populares coñecidas como a dos pobres, como preludio á primeira cruzada e a dos nenos, posible fundamento da historia do flautista de Hamelín, aínda que esta é unha historia que merece un post aparte.