O castro de Armeá, na comarca de Allariz-Maceda

Foi no seu día unha cidade castrexa con dúas zonas limitadas: unha, a zona máis alta na cima, composta polo poboado Castrexo Galaico, e outra, as terrazas do noroeste, formadas por un armazón urbano con rúas pavimentadas, redes de saneamento, canles de evacuación de augas pluviais, casas circulares compostas por dous pisos de altura, atrios porticados e obras de cantería.

San Martiño de Mondoñedo, a catedral mais antiga de España

O feito de que a basílica de San Martiño de Mondoñedo en Foz estea considerada como a catedral máis antiga de toda España, converte a este monumento nun reclamo turístico de primeira orde para todos os visitantes de Foz. Pero ademais de por a súa antigüidade, hai que visitala pola súa beleza, xa que é un extraordinario exemplo de arquitectura medieval.