A cultura romana rendía culto ao corpo, e xa que logo, á hixiene do mesmo. As termas ou baños públicos convertéronse en lugares de reunión de persoas de todas as clases, e o seu uso era promovido polas autoridades, que en ocasións cubriron os seus gastos facendo o acceso a elas de xeito gratuito para a poboación. Aínda que homes e mulleres compartían en ocasións os mesmos espazos, as horas de baño eran diferentes para uns e outros: as mulleres acudían pola mañá mentres os homes facíano á tardiña. Nas antigas vilas romanas os baños chamábanse balmes ou balneum e si eran públicos thermae ou therma.
As termas eran baños públicos con estancias reservadas para actividades ximnásticas e lúdicas. Tamén eran lugares de reunión e a eles acudía a xente que non podía permitirse ter un na súa casa, como os plebeios ou os escravos. Ás veces os emperadores ou os patricios concedían baños gratis para o resto da poboación. Podían considerarse como complexos sanitarios, lúdicos e deportivos que representaban unha das máis sorprendentes e admirables construcións da civilización romana.
A finais do século V aC. as antigas estancias de baño asociadas aos ximnasios gregos perfeccionáronse e creceron en complexidade, converténdose en estancias independentes destinadas só ao baño. Estas estancias ofrecían baños de vapor e piscinas frías, temperadas e quentes.
En Roma, seguindo o exemplo grego, construíronse estancias similares que pronto foron do gusto da cidadanía. Xa non só realizábanse os actos de limpeza e relaxación, así como aqueles medicinais cando as augas tiñan propiedades curativas, senón que se engadía un coidado do corpo que incluía prácticas deportivas e un ritual de masaxes con diferentes sustancias como esencias e aceites especiais.
O nome de termas aplícase por primeira vez a uns baño construídos por Agripina no ano 25 dC. Nerón construíu unhas termas no campo de Marte: Termas de Nerón, as cales atópanse, hoxe en día, case desaparecidas.
O uso das termas xeneralizouse no mundo romano a partir do século I aC, cando se descubriu un sistema que permitía quentar e distribuír o aire quente. O seu uso difundiuse polo Imperio romano a toda Europa.
Rápidamente empezou unha competición entre os emperadores para ofrecer aos seus cidadáns unhas termas cada vez máis grandes. Así, os 3.000 metros cadrados das termas de Nerón quedaron rápidamente superados polos 110.000 metros cadrados de Trajano e estes, á súa vez, fórono polos 140.000 de Caracalla. O récord márcano os 150.000 metros cadrados das termas de Diocleciano, que eran visitados pola 3.000 bañistas ao día.
Cara ás cinco da tarde os romanos, sen importar a clase ou o estatus abandonaban aquilo que lles estivese ocupando e dirixíanse ás termas. Homes e mulleres por igual, utilizaban as distintas opcións de lecer que ofrecían as termas. Uns se exercitaban na palestra, outros nos xogos de pelota, os menos activos dedicábanse a gozar da masaxe ou dunha dolorosa depilación. Tamén se podía gozar da conversación cos amigos ou gozar da lectura nalgunhas salas especiais para tal actividade. Os máis atrevidos elixían provocar algún encontro erótico.
Aínda que a asistencia aos baños estaba ao alcance de todos hai que sinalar que, unha vez no interior, só os privilexiados podían gozar de determinados servizos (masaxes, ungüentos de perfumes e aceites, etc.), ben porque só eles podíanos permitir ou porque era necesario dispoñer de escravos para o seu goce.
Algúns emperadores intentaron (sen moito éxito, por certo) impoñer horarios diferentes para homes e mulleres xa que se lles acusaba a estas últimas de ser unha constante provocación erótica. Só co triunfo do cristianismo (sobre o ano 320) conseguiuse a prohibición definitiva ás mulleres de gozar do baño nas termas.
En xeral, as termas rodeábanse de xardíns e outros edificios con servizos para os visitantes como ximnasios, bibliotecas ou outros lugares de reunión, “laconium”, todo isto co propósito de proporcionar aos clientes un ambiente agradable. Estas termas dispoñían de gran cantidade de persoal para o seu funcionamento, sobre todo tendo en conta a necesidade de grandes cantidades de auga quente e para atender aos clientes.
As actividades posteriores, eran moi numerosas, tanto dentro como fóra das termas a cuxo ao redor podiase atopar todo tipo de personaxes que vendían ao mellor postor os seus produtos e habilidades: desde vendedores de perfumes, salchichas ou doces quen alugaban toallas ou sandalias, pasando por moitos adiviñadores, astrólogos, filósofos ou comediantes. Un mundo en miniatura onde Roma reflectía a imaxe ideal do esplendor e o luxo.
Outro uso moi habitual e que adoita aparecer en todo lugar onde acudían as entidades da cidade (do mesmo xeito que o teatro por exemplo), nas termas tamén se adoitaba acudir para “socializarse”. Os homes charlaban sobre política, sobre os seus plans de futuro e de como vían o panorama de Roma. Pola súa banda as mulleres falaban dos chismes e rumores dos entresixos patricios do palatino. Era en moitas ocasións un centro de reunións informais, perfecto polo seu relaxante aire vaporado e as quentes augas termais.
A propiedade das termas romanas correspondía ao Estado e este a alugaba a alguén quen cobraba unha entrada por acceder a elas. En ocasións, este diñeiro non se pagaba; isto sucedía cando alguén moitísimo diñeiro pagaba ao alugado todo o diñeiro das entradas correspondente a un longo periodo de tempo e, por iso, os baños podían ser gratuitos. Así tamén se gañaban o favor de todos.
As estancias termais eran, dentro da diversidade, similares en todo o Imperio. Normalmente constaban das seguintes estancias:
- Palestra: patio central ao que se abrían todas as demais estancias e podíase practicar exercicios físicos.
- Tabernae: tendas encostadas as salas de baños onde se vendían bebidas e comida, que os vendedores pregoaban a grandes voces entre os bañistas.
- Caldarium: baño de auga quente, o alveus. Era a habitación mais luminosa e adornada. Nas grandes termas había ata piscinas onde se podía nadar. Nas mais pequenas, o baño tomábase en bañeira ou depósitos de auga quente chamados labra.
- Frigidarium: sala destinada aos baños de auga fría. Nas grandes termas o frigidarium estaba descuberto e incluía entre a súas instalacions unha gran piscina onde poder practicar a natación (Natatio).
- Tepidarium: habitación de temperatura morna que preparaba ao bañista para a de auga quente.
- Apodyterium: vestiarios. Habitación próxima ao pórtico de la entrada onde los bañistas deixaban as súas roupas. Había un banco corrido e nas paredes unas hornacinas sen portas, onde se depositaban as Roupas e os obxetos personais, que quedaban vixiados por un escravo.
- Laconicum: baño de vapor.
E como e lóxico, en toda a Península ibérica quedan vestixios de aquelas termas, incluso algunhas delas prestan servizos na actualidade. Se centrámonos no Noroeste da Península Ibérica, podríamos falar de:
- As termas romanas de Lugo, que se atopan a uns 900 m do centro da cidade, na marxe esquerda do río Miño. Están situados na planta baixa do Balneario, e probablemente daten de época altoimperial (séculos I-II dC.). Este conxunto foi declarado Monumento histórico-artístico de carácter Nacional no ano 1931.
- En Bande, na provincia de Ourense, atopámonos cun lugar especial, un de eses sitios que parecen sacados de la imaxinación. Trátase dunhas termas romanas que quedan ao descuberto cando o embalse das Conchas, que represa el río Limia, Baixa o suficiente. Nun lateral do embalse hai un manantial de augas termais usado polos romanos para construir uns baños e preto de alí unha mansión que se cre era unha especie de pousada para viaxeiros. A poucos metros podemos ver tamén os restos do Aquis Querquennis, un campamento romano.
- En Astorga se descubríronse dos espazos termais, as chamadas Termas Maiores y as Menores. As primeiras, ocupan toda unma mazá e nelas identificáronse as salas de auga fría (frigidarium), tepidarium (sala temerada), dous sudatorios circulares e o vestiario (apodyterium); su construcción inicial data de mediados do século I d.C. As Termas Menores edificáronse en torno ao 75 dC., e estiveron en funcionamento ata p século III dC.
- No Concello asturiano de Las Regueras atopamos unos baños romanos situados xunto á igrexa parroquial de Valduno. Trátase duns baños de época romana nos que ademais de poder observarse a zona de arcos de paso do calor, pódese ver una bañeira semicirular con banco corrido.
- As termas romanas de Campo Valdés son un museo in situ sobre unhas termas romanas de época altoimperial, consideradas como uno de los xacementos mais importantes do Norte de España. Localízase diante da igrexa de San Pedro e no subsuelo del Campo Valdés, a nivel del mar.
- As termas romanas de Gijón están un pouco escondidas. Están situadas por baixo da pracita que está en fronte da igresa de San Pedro, en uno de los extremos de la playa de San Lorenzo.
- En terras portuguesas: as Termas Romanas do Alto da Cividade atópanse emprazadas cerca do museo arqueolóxico Dom Diogo de Sousa, na fermosa localidade de Braga. Trátase dun gran complexo de baños composta por unhas valiosas ruinas, que contan cun teatro anexo que data do século II dC.
- As termas romanas de Maximinos, na zona alta de Braga non foi aínda posto totalmente a descuberto. Construídos npo século I dC., integrados na flamante renovación urbanística de Brácara Augusta, estes baños públicos ou termas parece ser que funcionaron ata o século V, sendo obxecto de amplas obras nos séculos III y IV, quizá cando a cidade foi elevada a capital da provincia de Galaecia por Diocleciano.
E iso é todo por hoxe. Ata a próxima.