Colegio San G

A Catedral de Santiago de Compostela. Historia, Fe e Lenda.

Coa finalidade de albergar as reliquias do apóstolo Santiago, foi construída unha catedral que é hoxe en día un dos monumentos máis importantes do mundo, sendo ademais dun dos principais centros de peregrinación do cristianismo. Unha obra mestra da arquitectura. Estamos a falar da Catedral de Santiago de Compostela. A dedicación deste templo ao apóstolo…

O Mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil

O gran número de mosteiros, espectaculares e singulares, que se poden atopar en terras galegas, ímolo reflectindo con sucesivas entradas neste Blog, facendo un percorrido por todos aqueles que imos visitando e sobre os que queremos compartir toda aquela información que vos puidese resultar de interese. Nesta ocasión imos dedicar este post ao precioso Mosteiro…

O singular e espectacular Mosterio de San Pedro de Rocas

Froito dun dos nosos últimos desprazamentos (cumprindo con todas as medidas restritivas vixentes) habemos redescuberto a grandeza do mosteiro de San Pedro de Rocas. Un singular e espectacular recinto, escavado na roca natural, polo que nel non poderemos atopar lixeiras estruturas góticas nin armoniosas proporcións renacentistas. Este antiquísimo mosteiro é un sobrevivente dos recintos que…

Castro de Castromao. Un magnífico xacemento en terras de Celanova

Hoxe dedicamos esta entrada a recompilar a suficiente información para ter unha visión global da grandeza e relevancia do Castro de Castromao. Como sinala o arqueólogo Luís Otero, que participou activamente na escavación deste castro, Castromao é un xacemento moi importante, porque chega desde o final da Idade de Bronce até a romanización. Outros castros…