Cando parece que comezamos a ver a luz para saír desta fatídica etapa de pandemia que nos tocou vivir, cando parece que o inicio da vacinación nos vai a axudar a recuperar as nosas vidas, creo que é chegado o momento de reflexionar e tentar aprender algo do desolador tempo vivido nestes últimos meses. Necesitaremos…
Hoxe dedicamos esta entrada a recompilar a suficiente información para ter unha visión global da grandeza e relevancia do Castro de Castromao. Como sinala o arqueólogo Luís Otero, que participou activamente na escavación deste castro, Castromao é un xacemento moi importante, porque chega desde o final da Idade de Bronce até a romanización. Outros castros…
A cor negra no vestir pasou por asociarse á morte, despois á austeridade e ao poder e, finalmente, á elegancia. Na arte, a cor negra identifícase co tenebrismo de Caravaggio, Zurbarán, Ribeira… ou coas pinturas da última etapa de Goya coñecidas como as pinturas negras. O certo é que a connotación negativa da cor negra…
No noso afán por coñecer todos os aspectos que conformaban a forma en que se vivía durante as diferentes épocas históricas, condúcenos hoxe á análise do Calzado na Idade Media. En primeiro lugar imos tentar centrar a orixe e significado da palabra calzado. Trátase dunha voz que ten unha orixe algo incerto. Sigamos algunhas pistas: No…
Hoxe dedicamos esta entrada a unha igrexa singular, a máis antiga da cidade da Coruña, a igrexa de Santiago Apóstolo. Esta igrexa atópase na zona denominada “Cidade Vella” a escasos 150 metros ao sueste da praza de María Pita, famosa pola súa beleza, cos seus edificios porticados e por acoller tamén a sede do Concello…
Dedicamos unha entrada neste Blog a recompilar algunha da numerosa información que existe ao redor da suposta existencia de Breogán, o gran caudillo Celta, ao que se asocian numerosas lendas/historias e cuxa área de actuación situariamos fundamentalmente na área comprendida polo Noroeste da Península Ibérica, Inglaterra, Irlanda,… Nunha primeira aproximación ao personaxe, empezaremos dicindo que…
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.