Na Idade Media, o valor dos animais e o tratamento que se lles era dado era moi diferente aos días actuais. Con todo, o concepto de mascota e a súa noción máis simple xa existía e era máis amplo que nos nosos tempos. A diferenza de hoxe, naquela época non era estraño atopar monos, ovellas ou porcos como animais de estimación.Eses animais foron, ademais de compañía, fonte de alimento e de recursos económicos, xa que podían ser trocados de xeito comercial ou vendidos.
Coa apertura das rutas comerciais co Próximo Oriente a partir do século XII propiciou a chegada a Europa de diversos animais exóticos. Un deles foi o mono, como o macaco de Xibraltar, o babuino de Exipto, e outros tipos traídos de África e a India.
Os monos podíanse atopar nos ménageries, ou casas de bestas, que algúns reis e príncipes crearon nos seus palacios. Era unha exhibición de varios tipos de animais exóticos e tiña como finalidade mostrar un símbolo de riqueza e das boas relacións do soberano con outros reinos.
Os monos tamén eran apreciados como mascotas. Numerosos nobres mantiñan simios amansados, e ata o facía tamén membros do clero. En moitos casos os monos estaban atados polo pescozo ou a cintura, mediante un colar e unha correa, ou ata llo encadenaba á parede, a bloques pesados de pedra ou a bólas de presidiario.
Tamén se atopaban monos nos espectáculos itinerantes que daban os trobadores nas prazas públicas e nas festas privadas para a nobreza. Contaban con monos amaestrados, os coñecidos como “monos de feira”, capaces de imitar certos xestos humanos como montar dacabalo, bailar, camiñar sobre a corda frouxa ou participar en batallas simuladas contra outros animais.
Un espectáculo máis tráxico e sanguento era o enfrontamento entre animais, casi sempre con cans de pelexa, batallas nas que o simio levaba sempre as de perder.
A presenza habitual do mono na vida cotiá dos europeos a partir do século XII cambiou a forma en que era visto este animal, pois aparecían como un reflexo deformado do home, e evocábaselles como advertencia fronte a pecados diversos, desde a usura ata a luxuria. Ata en casos extremos, os simios aparecen na arte como símbolo dos condenados ao inferno.
Desta concepción nace, por exemplo, a afirmación do filósofo francés Bernardo Silvestre, no seu tratado Cosmografía: “si os homes rexeitan a salvación de Deus e abandónanse ao pecados da carne, descenderiamos ao nivel dos simios, humanos en forma, pero ridículos e desprezables en todas as nosas accións”.
Pese a todo, o ser humano ten máis semellanzas co mono das que el cre ter. En primeiro lugar, o mono demostra calidades humanas como o ter unha conciencia propia del mesmo. É capaz de recoñecerse e saber quen é en realidade e de decatarse do que pertence de xeito natural a él e o que é artificial. Doutra banda, o mono presenta unha serie de valores cuxos orixes o ser humano consideraba que se atopaban na cultura ou nas crenzas, como o rexeitamento a situacións inxustas e a utilización da moral e a dignidade con certo grado de orgullo, como o ser humano, xa que este a miúdo prefire prexudicarse el mesmo antes de formar parte dunha inxustiza ou poñer en perigo a súa dignidade. En canto ao amor, o mono presenta unha serie de condutas caracterizados co enamoramiento humano, aínda que non pode saberse o que o mono sente, pero si ten actos que teñen certa similitude coa actitude humana fronte ao amor. Doutra banda, o mono practica o sexo non só co fin de reproducirse, senón co fin de obter pracer. As infidelidades preséntanse tamén como se presentan no ser humano: As femias fan crer aos machos que todas as súas cativas son del, pero en realidade as femias son infieis aos machos.
Ademais, tralas súas experiencias, o mono aprende e saca as súas propias conclusións, e ata pode facer proxeccións do futuro e vólvense máis prudentes antes de facer algunha tarefa. Para rematar, o mono, en concreto o chimpancé, mostra sociedades con liderado, onde ten máis poder o macho que a femia, onde existe competitividade.
Hai tantas diferenzas?