A estas alturas, resulta indubidable a presenza templaria en Galicia. Documentos da época recollen os nomes das seis encomendas templarias que había en Galicia: Faro, próxima a A Coruña; Amoeiro, na provincia de Ourense; Coia, próxima a Vigo e Canabal, San Fiz do Ermo e Neira, na provincia de Lugo. Sábese que existiu unha sétima encomenda na vila de Betanzos, xa desaparecida por aquel entón.
Pero, como e cando se produciu o asentamento da Orde do Temple no Reino de Galicia.
Parece que a chegada dos cabaleiros templarios a terras galegas tivo lugar a mediados do século XII, pois nun documento do Mosteiro benedictino de Celanova, de 1142, figuran uns denominados “seniores cavallaria de Iherusalem”. No entanto, a súa casa principal no reino galego establecerase nunha localidade chamada Burgo de Faro (repartida na actualidade entre os municipios de Cambre e Culleredo), onde progresivamente foron ampliando as súas posesións creando a devandita bailía de Faro que chegaría a ser unha das que maior importancia.
A bailía de Faro, considerada como a máis importante dentro da estrutura templaria do reino leonés, estaba plenamente constituída xa no ano 1200. Tiña o seu núcleo central no que hoxe son as actuais vilas de O Burgo e O Temple. No caso da última localidade, a propia toponimia xa nos una pista máis que nítida. Hai dous puntos de atención crave na zona: a Igrexa de Santa María do Temple e a chamada Ponte dos templarios sobre ríaa de O Burgo, que comunica as dúas parroquias. Dous elementos que, oito séculos atrás, incluían un terceiro: a fortaleza de O Burgo, hoxe desgraciadamente xa desaparecida.
A escasos cinco quilómetros de O Temple atópase a localidade de Cambre, outro dos enclaves relacionados coa Orde do Temple, dependente da bailía de Faro. O que permanece hoxe no lugar é a Igrexa de Santa María de Cambre, en cuxo interior imos atopar unha lenda moi particular que vincula directamente a Jesucristo e aos cabaleiros templarios.
A ermida de Santa María atópase no centro da cidade coruñesa, rodeada de zonas verdes. De estilo románico, pero cunha ornamentación máis rica que a de Santa María do Temple, foi erixida no século XII- 1194 concretamente- como parte dun mosteiro do que nada se conserva hoxe e a tradición di que a construíron os propios cabaleiros templarios. A iniciativa da construción, segundo cóntase, partiu da familia de Traba, da cal xa mencionei a súa vinculación co Temple.
Sen dúbida, o realmente destacable de Santa María de Cambre escóndese no seu interior. Nada máis atravesar a porta de madeira, á esquerda atópase unha especie de pila de pedra, con símbolos esculpidos. Trátase da Hidria de Jerusalén. Cóntase que é nada menos que una das hidrias en que Jesucristo obrou o milagre de converter a auga en viño durante as vodas de Caná, tal e como relata a Biblia. A hidria foi exposta nun primeiro momento na igrexa de Santa María do Temple, máis se conta que, trala disolución da Orde no século XIV, atopou o seu fogar definitivo en Santa María de Cambre. Pero, como chegou a tinalla desde Jerusalén? Existen dúas hipótese achega do seu traslado: unha delas afirma que foi o conde Fernando Pérez de Traba quen a trouxo de Terra Santa nun das súas viaxes; a outra, que foron cabaleiros templarios os responsables da súa chegada a Galicia.
A extensión das propiedades templarias ao longo de Galicia levaraa a crear outros asentamentos, outras bailías:
- Na actual provincia da Coruña, creará as de Betanzos, San Sadurniño (na zona de Ferrol) e Lendo (no concello da Laracha, comarca de Bergantiños).
- Na provincia de Lugo, as de Sanfiz do Hermo (municipio de Guntín), Neira (municipio de Láncara) e Canabal (municipio de Sober).
- En Ourense, creará a bailía de Amoeiro, no municipio do mismo nome.
- E na provincia de Pontevedra a bailía de Coia (actualmente nun barrio da cidade de Vigo).
Todas estas bailías estaban estratéxicamente emprazadas: nos camiños de peregrinación a Compostela -tanto o camiño francés como os secundarios (inglés, vía da prata..)- e en portos de mar.
Estas bailías administraban numerosas propiedades: casas, igrexas, montes, leiras, etc., estando á fronte delas un comendador. Ocupábanse tamén de protexer aos peregrinos: a de San Sadurniño, por exemplo, tiña un hospital.
En canto ao seu día a día, a vida dos templarios galegos, como a dos seus irmáns doutros reinos hispánicos, transcorreu con calma ata que, en 1308, iniciouse en Francia, a iniciativa do monarca Felipe O Fermoso, un fraudulento proceso xudicial. Detidos e encarcerados por sorpresa, os cabaleiros templarios son acusados de comportamentos heréticos, de practicar a sodomía, etc. Sometidos a terribles torturas, algúns, entre eles o gran mestre, Jacques de Molay, admiten as acusacións.
En 1312 o papa ClementeV toma a decisión de suspender “a divinis” á Orde do Temple.
Os bens das bailías galegas pasan nun primeiro momento ás mans de Fernando IV, que xa repartira anteriormente algúns dos castelos da Orde. Aínda que Clemente V asigna os bens templarios á Orde do Hospital, na Coroa de Castilla prodúcese un tira e afrouxa entre os monarcas e os hospitalarios, que só recollerán unhas migallas.
En próximas entradas iremos rastrexando pegadas templarias, como as que podemos atopar en Padrón (Iria Flavia), Noia, …