Xoias, ornamentos no calzado e as pezas lograban distinguir ás mulleres patricias das plebeyas.
En Roma, os materiais preferidos para as pezas de xoiería eran o ouro, a prata, o “carey”, ou xade, pedras preciosas, pedras semi-preciosas (como o granate), conchas de nácar, pasta vítrea, cobre, bronce e ferro. As xoias máis preciar eran as perlas. As pezas de xoiería tiñan diferentes formas, en primeiro lugar lembremos que foron os creadores do anel-selo e que a simboloxía preferida era a que versaba sobre Cupido, as aves, escenas mitolóxicas, etc.
No mundo romano unha xoia usábase para simbolizar un status, ademais de para adornar. Da sencillez dos primeiros tempos de roma pasouse coas sucesivas conquistas en Oriente á paixón polo luxo e o exceso debido á influencia dos gustos asiáticos. Así, por exemplo, o anel reflectía a clase social á que se pertencía e, con posterioridade, o nivel económico do portador.

A función asignada principalmente ao anel na súa orixe foi a de selo para asinar documentos oficiais e privados.
As mulleres tiñan maior variedade de xoias: fibelas, horquillas, aneis, brazaletes, pendentes, colares, pulseiras, alfileres, broches, gargantillas e aros para os tobillos. Na súa maioría estaban decorados con pedras preciosas incrustadas. Os camafeos elaborábanse en pedras polícromas que posuían varias capas, unhas claras alternando con outras escuras, especialmente a que serve de fondo da imaxe, para conseguir efecto de profundidade e variedade da cor.








