Seguindo coas pandemias…. non debemos esquecer a pandemia de cólera que tivo lugar na cidade da Coruña alá polo ano 1854. Esta pandemia chegou a diezmar a poboación da cidade con máis de 300 mortos ao día. A pesar diso, trátase dun acontecemento histórico escasamente documentado e ao que apenas fan referencia os libros de historia da cidade.
Do mesmo xeito que na actual, levaron a cabo medidas preventivas e curativas. Pero empecemos polo principio…
O cólera é unha enfermidade infecciosa que se produce pola inxestión de alimentos ou auga contaminados pola bacteria Vibrio Cholerae. Tras un breve período de incubación, a dita bacteria produce unha enterexotina no ser humano que lle provoca unha diarrea severa acompañada de náuseas e vómitos, o que induce a unha deshidratación extrema que desemboca na morte.
A orixe da chegada do cólera sitúase en Vigo. No mes de novembro de 1853 chegaron 3 tripulantes do buque de guerra Isabel la Católica procedente da Habana que, aínda que foron internados no lazareto da illa de San Simón, non evitou que a enfermidade se propagase.
Aínda que inicialmente negouse a orixe colérica polas autoridades para evitar unha crise comercial provocada polo boicot aos produtos procedentes dos portos galegos, finalmente a evidencia da cantidade de falecementos diarios non puido ocultar o desenvolvemento e propagación da enfermidade.
Ante o crecente número de defuntos, as autoridades decidiron actuar publicando o Boletín do Cólera, gaceta publicada en Santiago de Compostela para informar sobre as medidas de prevención e dos datos da súa evolución.
Era tal o pánico creado pola enfermidade que se prohibiu que as igrexas tocasen defuntos e ordenouse que se quitasen as campanillas que levaban os carros que transportaban aos mortos ao cemiterio. Acompañando a estas medidas levaronse a cabo medidas preventivas como a prohibición de romarías e feiras tentado establecer un cordón sanitario que non funcionou.
Documentado temos a historia dun mariñeiro dun buque procedente de Vigo que se saltou a corentena e nadou cara á costa para ver á súa familia que vivía no que hoxe é o barrio de Vioño. Esta imprudencia traduciuse en 300 mortes de veciños da rúa onde residía ademais da propagación da enfermidade polo resto da cidade. En Vioño vivían moitas lavandeiras que viñan á cidade para entregar as pezas limpas. Unha delas púxose en contacto cuns veciños de cálea Alameda e de alí propagouse ao centro da cidade.
A chegada desta temible enfermidade a Galicia veu precedida por un ano de fames negras onde os campesiños comíanse as sementes da colleita do ano para sobrevivir.
O descoñecemento da orixe da enfermidade cuxo bacilo non será descuberto ata 1883 por Robert Koch, deu lugar a que os tratamentos levados a cabo polos médicos non contribuísen a mellorar a situación. O recurso á sangría impúxose como remedio á enfermidade. Así ás vítimas do cólera sumáronse os enfermos que morrían desangrados. Á poboación debilitada pola fame negra e polas atroces diarreas do cólera aplícaselle sanguijuelas ou se lles administra beberaxes para vomitar, o que acelera o irremediable final.
As condicións dos enfermos eran lamentables. A maioría apenas tiña un par de sabas para a súa cama e carecían de auga corrente para lavar aos enfermos que morrían no medio das súas propias inmundicias.
Na Coruña buscáronse recintos para usar como hospital, montándose nas escolas de Riazor, San Agustín e o Camiño Novo en Santa Lucía. A súa dotación é mínima: as camas consistían en caballetes de madeira, unha táboa e un jergón de palla. Os 16 médicos que atendían nestes hospitalillos non daban abasto para atender aos pacientes desangrados pola sanguijuelas que agonizaban entre alaridos.
En plena pandemia os coruñeses apelaron á Virxe das Dores organizando unha procesión para encomendarse aos ceos. A noticia da procesión correu extramuros e foi acompañada de 10.000 persoas. Partiu da igrexa de San Nicolás seguida de devotos con velas, algúns deles descalzos e de xeonllos. A casualidade quixo que a véspera da procesión a epidemia alcanzase o pico de falecidos empezando a baixar ao día seguinte da mesma. Desde ese día a virxe das Dores gañouse a fama de milagreira, coñecéndose tamén esta imaxe do século XVII como a virxe do cólera.
O elevado número de mortes na Coruña colapsou o cemiterio de San Amaro dando lugar á práctica de enterros cos ataudes en vertical, actualmente na zona infantil, ou á práctica de enterros en fosas comúns onde os cadáveres eran cubertos con cal vivo a fin de evitar os contagios. Algúns investigadores sosteñen que baixo a capela do cemiterio ocúltase unha gran fosa común con centenares de vítimas.
As consecuencias desta pandemia foron social e economicamente desastrosas. Moitas mulleres quedaron viúvas tendo que afrontar o mantemento da familia. Ademais centos de orfos víronse obrigados a mendigar para poder subsistir e as autoridades locais tiveron que afrontar uns gastos difíciles de asumir nunha zona de débil economía.
Bibliografía
O dantesco secreto de San Amaro. A opinión A Coruña 1/11/2012
O horror que arrasou A Coruña. A opinión 3/12/2014
Unha traxedia inevitable. A voz de Galicia 30/10/2004
A virxe do cólera necesita carrexadores para saír 15/01/2008